Aviso Legal

CONDICIÓNS XERAIS DE UTILIZACIÓN DA PÁXINA WEB DE Adif - Alta Velocidad

1. Obxecto

A entidade pública empresarial ADIF - Alta Velocidad crea e actualiza o sitio web identificado co nome ou dominio www.adifaltavelocidad.es, a fin de que a información que contén sexa de uso público. O acceso e navegación por esta páxina web supón o coñecemento e aceptación sen reservas de toda a información legal e condicións de utilización da mesma. As presentes condicións xerais teñen por obxecto regular o acceso, navegación e uso desta páxina web. Non obstante, independentemente destas, Adif - Alta Velocidad poderá establecer unhas condicións particulares que regulen esa utilización. En caso de existir discrepancia sobre o estipulado entre as condicións xerais e as condicións particulares que no seu caso se establezan, prevalecerá o disposto nestas últimas.

2. Ámbito de aplicación

Este aviso legal regula o uso do servizo do portal de Internet www.adifaltavelocidad.es que a entidade pública empresarial Adif - Alta Velocidad pon a disposición dos usuarios de Internet. Adif - Alta Velocidad créase con data 31 de decembro de 2013, consonte o disposto no artigo 1 do Real Decreto-Lei 15/2013, do 13 de decembro, sobre reestruturación da entidade pública empresarial Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) e outras medidas urxentes na orde económica e configúrase como un organismo público dos previstos no artigo 43.1.b) da Lei 6/1997, do 14 de abril, de Organización e Funcionamento da Administración Xeral do Estado, por escisión da rama de actividade de construción e administración daquelas infraestruturas ferroviarias de alta velocidade e outras que se lle atribúan e estean encomendadas ata a data de entrada en vigor deste a Adif. Está adscrito ao Ministerio de Fomento. Goza de personalidade xurídica propia, plena capacidade de obrar para o cumprimento dos seus fins e patrimonio propio, e réxese polo establecido no Real Decreto-Lei 15/2013, do 13 de decembro; na Lei 39/2003, do 17 de novembro, do Sector Ferroviario; na Lei 6/1997, do 14 de abril, de Organización e Funcionamento da Administración Xeral do Estado; nas normas de desenvolvemento de ambas as dúas leis, polo seu Estatuto, aprobado polo Real Decreto 1044/2013, do 27 decembro e na lexislación orzamentaria e demais normas que lle sexan de aplicación. En defecto destas normas, aplicaráselle o ordenamento xurídico privado. Así mesmo, será de aplicación a Adif - Alta Velocidad o disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, cando exerza potestades administrativas e no relativo á formación de vontade dos seus órganos. Datos de contacto de Adif - Alta Velocidad: Enderezo: c/ Sor Ángela de la Cruz, 3. 28020 (Madrid). N.I.F.: Q-2802152-E Teléfono de contacto: 917744483 Correo electrónico: comunicacionweb.altavelocidad@adif.es De conformidade co disposto no apartado 2 da Disposición Final Terceira da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, os dereitos recoñecidos aos cidadáns no artigo 6 da devandita lei poderán ser exercidos en relación coa totalidade dos procedementos e actuacións da súa competencia, de xeito que toda comunicación, reclamación ou solicitude que garde relación con actos de natureza administrativa ou que se deriven do exercicio de potestades administrativas da entidade pública empresarial Adif - Alta Velocidad deberanse dirixir, en man ou a través de correo ordinario/certificado, ao Rexistro Xeral que a entidade pública empresarial Adif - Alta Velocidad ten a disposición dos cidadáns nas súas oficinas situadas na rúa Sor Ángela de la Cruz, 3-7ª planta, 28020 (Madrid), no horario que a continuación se detalla:

  • Mañá: de 9:00 horas a 14:00 horas, de luns a venres.
  • Tarde: de 16:00 horas a 18:00 horas, de luns a xoves.

Os enderezos de correo electrónico que figuran ou aparecen no portal de Internet www.adifaltavelocidad.es non constitúen unha canle para a remisión das comunicacións, reclamacións ou solicitudes indicadas anteriormente, de xeito que calquera comunicación, reclamación ou solicitude que garde relación con actos de natureza administrativa ou que se derive do exercicio de potestades administrativas dirixida a Adif - Alta Velocidad a través dos devanditos enderezos de correo electrónico deberá ser presentada para a súa tramitación a través do Rexistro Xeral, a fin de garantir a súa constancia e correcta tramitación.

3. Limitación e exención de responsabilidade

Adif - Alta Velocidad realiza os máximos esforzos para evitar calquera erro nos contidos que puidesen aparecer neste sitio web. Adif - Alta Velocidad non garante a exactitude nin a posta ao día da información que se poida obter nel, que poderá ser modificada sen aviso previo. Adif - Alta Velocidad non asume ningunha responsabilidade derivada do uso por terceiros do contido deste sitio. Todas as informacións contidas no sitio web www.adifaltavelocidad.es teñen unicamente carácter informativo. A información que se ofrece non é necesariamente exhaustiva, completa, exacta ou actualizada. En caso de licitacións e textos legais, non se garante a reprodución exacta do texto adoptado oficialmente. Unicamente se consideran auténticos os textos publicados nas edicións impresas dos boletíns oficiais correspondentes. En relación ao apartado do Portal do Investidor, os contidos web, entre os que se inclúen proxeccións, previsións ou estimacións de magnitude contable, financeira ou operativa, son proporcionados a título informativo e non pretenden constituír ningunha recomendación de investimento, transaccións ou similares. A información facilitada por Adif - Alta Velocidad é de carácter xeral e non supón ningún asesoramento profesional ou xurídico. Adif - Alta Velocidad realizará os seus mellores esforzos para que o Portal non sufra interrupcións, pero non pode garantir a ausencia de fallos tecnolóxicos, nin a permanente dispoñibilidade do Portal e dos servizos contidos nel e, en consecuencia, non asume ningunha responsabilidade polos danos e perdas que se poidan xerar pola falta de dispoñibilidade e polos fallos no acceso ocasionados por desconexións, avarías, sobrecargas ou caídas da rede non imputables a Adif - Alta Velocidad. Adif - Alta Velocidad non garante a ausencia de virus ou outros elementos que poidan alterar o seu sistema informático. Adif - Alta Velocidad exclúe calquera responsabilidade por danos e perdas de calquera natureza derivados dos devanditos virus ou elementos lesivos.

4. Subscrición de servizos

Con carácter xeral, o acceso ás utilidades do sitio web non esixe a subscrición ou rexistro previo do usuario. Non obstante o anterior, o acceso a algún dos servizos que se ofrezan a través do sitio web pode esixir que o usuario cubra primeiro un formulario de subscrición. Para estes efectos, o usuario garante a autenticidade e veracidade de todos aqueles datos que comunique ao cubrir o/os formulario/s de subscrición. O usuario comprométese e responsabilízase a manter toda a información facilitada de forma que responda, en cada momento, á súa situación real. Se, como consecuencia do rexistro, se lle proporcionase un contrasinal ao usuario, este comprométese a facer un uso dilixente e a manter en segredo o contrasinal para acceder a estes servizos. En consecuencia, os usuarios son responsables da adecuada custodia e confidencialidade de calquera identificador e/ou contrasinal que lle sexa subministrado por Adif - Alta Velocidad, e comprométense a non ceder o seu uso a terceiros, xa sexa temporal ou permanente, nin a permitir que persoas alleas accedan a el. Será responsabilidade do usuario a utilización ilícita dos servizos por calquera terceiro ilexítimo que empregue para tal efecto un contrasinal a causa dunha utilización non dilixente ou da perda do contrasinal polo usuario.

5. Protección de datos de carácter persoal

Para acceder a algún dos servizos ofrecidos a través do sitio web www.adifaltavelocidad.es, os usuarios deberán proporcionar previamente algúns datos de carácter persoal. De conformidade co establecido na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámolo de que os seus datos persoais serán incorporados a un ficheiro titularidade de Adif - Alta Velocidad, cuxa finalidade é posibilitar o acceso aos servizos ofrecidos a través do sitio web www.adifaltavelocidad.es. O usuario responsabilízase da veracidade e exactitude dos datos persoais comunicados e autoriza a recollida e o tratamento dos mesmos para esta finalidade. No suposto de se producir algunha modificación nos seus datos, Adif - Alta Velocidad prégalles aos usuarios que o comuniquen, co fin de os manter actualizados. Adif - Alta Velocidad, como responsable do tratamento destes datos, adoptará as medidas de índole técnica e organizativa necesarias para garantir a seguridade dos datos de carácter persoal proporcionados, evitando a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado. Adif - Alta Velocidad tratará estes datos conforme as condicións determinadas neste apartado e con suxeición ao establecido nas condicións particulares do correspondente servizo. Así mesmo, os usuarios poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición perante Adif - Alta Velocidad na forma legalmente prevista, mediante solicitude á Dirección de Sistemas de Información do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias, situada en Paseo de las Delicias, 61 - 2ª planta, Madrid.

6. Dereitos de propiedade intelectual e industrial.

Todos os contidos do sitio web www.adifaltavelocidad.es, incluíndo (sen carácter limitativo) bases de datos, imaxes e fotografías, patentes, debuxos, gráficos, ficheiros de texto, audio, vídeo e software, son propiedade de Adif - Alta Velocidad ou dos provedores de contidos (sendo neste último caso obxecto de licenza ou cesión por parte dos mesmos), e están protexidos polas normas nacionais ou internacionais de propiedade intelectual e industrial. A compilación, entendéndose como tal a recompilación, o deseño, a ordenación e a montaxe de todo o contido do sitio web www.adifaltavelocidad.es, é propiedade exclusiva de Adif - Alta Velocidad e está protexida polas normas nacionais e internacionais de propiedade industrial e intelectual. Todo o software utilizado nas pantallas, a navegación, o uso e o desenvolvemento do sitio web www.adifaltavelocidad.es é propiedade de Adif - Alta Velocidad ou dos seus provedores de software e está protexido polas leis nacionais e internacionais de propiedade industrial e intelectual. As marcas, rótulos, signos distintivos ou logotipos de Adif - Alta Velocidad que aparecen no sitio web www.adifaltavelocidad.es son titularidade de Adif - Alta Velocidad e están debidamente rexistrados. Todos os textos, datos, debuxos gráficos, vídeos ou soportes de audio que aparecen no sitio web www.adifaltavelocidad.es son propiedade de Adif - Alta Velocidad ou das entidades provedoras de información, polo que non poden ser obxecto de ulterior modificación, copia, alteración, transformación, reprodución, adaptación ou tradución por parte do usuario ou de terceiros sen autorización expresa dos titulares dos devanditos contidos. A posta a disposición dos usuarios para o seu uso das bases de datos, debuxos, gráficos, imaxes e fotografías, ficheiros de texto, audio, vídeo e software, propiedade de Adif - Alta Velocidad ou dos seus provedores, que figuran no sitio web www.adifaltavelocidad.es non implica, en ningún caso, a cesión da súa titularidade ou a concesión dun dereito de explotación a favor do usuario distinto do dereito de uso que comporta a utilización lexítima e acorde coa natureza do sitio web. Queda terminantemente prohibido calquera uso dos contidos do sitio web www.adifaltavelocidad.es, dos servizos e, en xeral, de todos os dereitos mencionados nos parágrafos anteriores que se realice sen a autorización de Adif - Alta Velocidad, incluída a súa explotación, reprodución, difusión, transformación, distribución, transmisión por calquera medio, posterior publicación, exhibición, comunicación pública ou representación total ou parcial que, de producírense, constituirán unha infracción dos dereitos de propiedade intelectual de Adif - Alta Velocidad, sancionable pola lexislación vixente.

7. Vínculos ou ligazóns hipertextuais co sitio web www.adifaltavelocidad.es

Os usuarios ou titulares doutros sitios web que pretendan crear unha ligazón de hipertexto (en adiante “ligazón”) ao sitio web www.adifaltavelocidad.es deberanse comprometer con e asegurar o respecto das condicións sobre ligazóns na rede fixadas por Adif - Alta Velocidad, relacionadas a continuación:

  • Non se establecerán ligazóns a páxinas ou subpáxinas onde non apareza o logotipo de Adif - Alta Velocidad.
  • Non se establecerán ligazóns que permitan a reprodución total ou parcial do contido que conforma o sitio web www.adifaltavelocidad.es.
  • Non se realizarán manifestacións non veraces, inexactas ou incorrectas que poidan inducir a erro ou confusión ou, en xeral, que sexan contrarias á lei, á moral ou aos bos costumes.
  • Non se establecerán ligazóns con sitios que inclúan contidos, manifestacións ou propaganda de carácter racista, xenófobo, pornográfico, de apoloxía do terrorismo ou que atenten contra os dereitos humanos ou sexan discriminatorios da igualdade entre homes e mulleres e que, en xeral, poidan prexudicar de calquera xeito a imaxe de Adif - Alta Velocidad.

En calquera caso, a inclusión de ligazóns do sitio web www.adifaltavelocidad.es por parte doutros sitios web non implica que Adif - Alta Velocidad manteña vínculos ou asociación de ningunha clase co titular da web en que se estableza esa ligazón, nin que Adif - Alta Velocidad promocione, avale, garanta ou recomende os contidos dos devanditos portais de Internet ou sitios web. Por outra banda, o sitio web www.adifaltavelocidad.es pode conter vínculos ou ligazóns con outros portais ou sitios web non xestionados por Adif - Alta Velocidad, en cuxo caso Adif - Alta Velocidad rexeita toda responsabilidade pola información contida nos devanditos portais de Internet ou sitios web aos que se poida acceder por apuntadores de hipertexto, ligazóns ou buscadores desde o sitio web de Adif - Alta Velocidad. A presenza de apuntadores de hipertexto ou ligazóns no sitio web www.adifaltavelocidad.es ten unha finalidade meramente informativa, polo que, tanto expresa como implicitamente, Adif - Alta Velocidad non se responsabiliza nin garante os contidos de ningunha natureza respecto de:

  • A comerciabilidade, idoneidade, calidade, cantidade, características, procedencia ou orixe, comercialización ou calquera outro aspecto das informacións, produtos ou servizos que se ofrezan e comercialicen, a través doutros sitios web.
  • Os danos e perdas directos, indirectos ou de calquera outro tipo que puidesen xerar as informacións, produtos ou servizos que se ofrezan, comercialicen, adquiran, vendan ou presten a través doutros sitios web.
  • Os prezos ofertados ou pactados polos usuarios coas entidades oferentes nin as transaccións ou operacións que se leven a cabo entre eles, o bo fin das mesmas, os termos e condicións que entre eles pacten nos seus negocios e condicións de uso, as súas modificacións, cumprimento e execución, facturación, forma e medios de pagamento e resolución, informacións que entre eles poidan intercambiarse, contido e uso das informacións de carácter persoal ou non que as devanditas entidades lle esixan ao usuario para captar e levar a cabo as operacións, a publicidade de que poidan facer uso os usuarios, nin o uso que os usuarios poidan realizar dos signos distintivos dun terceiro ou dos seus propios.

8. Restricións de acceso.

Adif - Alta Velocidad resérvase o dereito a denegar discrecionalmente, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, o acceso de calquera usuario ao sitio web www.adifaltavelocidad.es ou a algunha parte del.

9. Dereito aplicable e xurisdición competente.

O uso dos elementos do sitio web www.adifaltavelocidad.es implica a aceptación das advertencias legais aquí expresadas e, en especial, de que os conflitos relativos a este sitio se han rexer exclusivamente polo Dereito español, de xeito que só os xulgados e tribunais españois serán competentes.

10. Modificación das presentes condicións e advertencias.

Adif - Alta Velocidad resérvase o dereito a modificar as condicións e advertencias aplicables ao sitio web www.adifaltavelocidad.es.

11. Suspensión do acceso ao sitio web e dos servizos que nel se inclúen.

Adif - Alta Velocidad esforzarase en manter a dispoñibilidade continuada do seu sitio web. Non obstante, calquera modalidade de operación de proba, control e mantemento, será libremente elixida e realizada por Adif - Alta Velocidad en calquera momento, sexan cales sexan os procedementos e medios empregados para a levar a cabo. Adif - Alta Velocidad resérvase o dereito a modificar as capacidades de transmisión, seguimento ou outros medios ou servizos técnicos utilizados para o acceso ou utilización do sitio web www.adifaltavelocidad.es. Adif - Alta Velocidad poderá suspender de forma temporal ou definitiva os servizos, sen que isto xere ningún tipo de indemnización en favor do usuario, cando concorra calquera das seguintes circunstancias:

  • Cando sexa necesario para realizar labores de mantemento.
  • Cando sexa necesario para preservar a integridade ou a seguridade dos equipos, dos sistemas ou das redes de Adif - Alta Velocidad ou de terceiros.
  • Cando así o xustifiquen razóns operativas propias ou de terceiros que afecten a prestación dos servizos de Adif - Alta Velocidad.
  • Cando exista unha causa de forza maior, entendendo por forza maior todo suceso carente de culpa imposible de prever ou que previsto ou previsible fose inevitable, os fallos no acceso ao sitio web www.adifaltavelocidad.es, os fallos na subministración de rede eléctrica ou telefónica, os danos producidos por terceiros ou os ataques ao servidor do sitio web que afecten a calidade dos servizos e non sexan imputables nin a Adif - Alta Velocidad nin ao usuario, os fallos na transmisión, difusión, almacenamento ou posta a disposición de terceiros das bases de datos e demais contidos do sitio web e os problemas ou erros na recepción, obtención ou acceso ao sitio web ou aos servizos por parte dos devanditos terceiros.

12. Peche.

Adif - Alta Velocidad poderá dar por pechado o uso do sitio web, sen necesidade de ningún aviso previo ao usuario, nos seguintes supostos:

  • Cando, teña coñecemento da realización por parte do usuario dalgunha actividade ilícita a través dos servizos.
  • Cando o usuario incumprise algunha das súas obrigas esenciais.
  • Especialmente, en caso de uso indebido do código de acceso e en caso de vulneración ou impugnación dos dereitos de propiedade intelectual e industrial do sitio web, todo isto, sen prexuízo do exercicio por Adif - Alta Velocidad de cantas accións legais lle correspondan en defensa dos seus intereses.

13. Utilización de cookies.

Adif - Alta Velocidad emprega cookies para lograr unha maior efectividade e eficacia na prestación dos servizos que ofrece. As vantaxes que supón a aceptación das nosas cookies tradúcense nun aforro de tempo, xa que mediante o uso das cookies o usuario non ten que verificar o proceso de rexistro con carácter reiterativo e personalízanse os servizos, facilitando así a súa navegación polo sitio web de Adif - Alta Velocidad. Aínda que configurase o seu navegador para rexeitar a descarga de todos os ficheiros de cookies ou rexeitase expresamente as cookies de Adif - Alta Velocidad, o usuario poderá navegar polo noso sitio web, co único inconveniente de non poder participar en todos e cada un dos servizos ofrecidos que requiran a instalación dalgunha delas. Concretamente, o usuario non poderá utilizar os servizos para os que sexa necesario rexistrarse, o que inclúe, por exemplo, servizos como o de información sobre licitacións, emprego ou calquera outro apartado en que sexa necesaria autenticación. As cookies que Adif - Alta Velocidad descarga no seu disco duro utilízanse para:

  • Gardar os datos de pedidos do apartado de venda de publicacións.
  • Conservar os resultados da última busca.
  • Gardar os permisos dos usuarios que foron autenticados.
  • Medir algúns parámetros de tráfico de rede, as áreas do sitio web www.adifaltavelocidad.es máis visitadas, os filtros de visita empregados e outros parámetros estatísticos.