Compromiso e estratexia de empresa

Adif Alta Velocidade, como empresa de servizo público, traballa ao servizo do conxunto da sociedade. Por este motivo, estamos guiados por unha estratexia que persigue que os nosos resultados e impactos contribúan, na maior medida posible, a mellorar a vida das persoas. Ese é o noso último propósito e o noso compromiso fundamental: traballar cada día, como xestores e administradores da rede ferroviaria, para contribuír a mellorar a vida da xente.

A nosa estratexia de empresa baséase na responsabilidade que temos á hora de dar resposta aos retos internos e externos dunha maneira eficaz, tendo moi presente que debemos facelo equilibrando en todo momentos aspectos económicos, sociais e ambientais, contribuíndo así a un modelo de desenvolvemento e progreso que sexa realmente sostible.

ADIF-AV ten encomendada a construción e xestión das infraestruturas ferroviarias de alta velocidade que forman parte da Rede Ferroviaria de Interese Xeral. Tendo en conta que esta é a nosa actividade principal, e asumindo o marco legal que nos é de aplicación e as políticas públicas desenvolvidas polo Ministerio de Fomento, definimos a nosa visión, misión e valores:

Visión

A nosa visión é aliñar toda a organización cara a un desenvolvemento de infraestruturas sostibles para que, tanto as xeracións actuais como as futuras, gocemos dunha vida mellor. 

Misión

A nosa misión é deseñar, construír e xestionar infraestruturas ferroviarias para contribuír ao benestar das persoas, xerando valor para os nosos grupos de interese a través de todas as nosas áreas de actividade. 

 

Valores

  • Compromiso.
    Estamos fortemente comprometidos co desenvolvemento económico do país, coa cohesión social e territorial e co respecto ao ambiente, sabendo que o noso labor ten un alto impacto na sociedade e o medio natural.
  • Servizo.
    Debémonos ao interese xeral e somos conscientes de que como empresa pública traballamos para ofrecer os cidadáns un servizo de calidade, sostible e, sobre todo, seguro.
  • Profesionalidade.
    Traballamos con rigor e dedicación, ofrecendo o mellor de nós mesmos, todo o noso talento e toda a nosa paixón ao servizo dos cidadáns.
  • Integridade.
    Xestionamos con integridade, transparencia e eficiencia os recursos públicos que nos confían os cidadáns.