SAEC

Sistema de auscultación e avaliación continua da plataforma ferroviaria con xeoradar

SAEC é un sistema de mantemento predictivo que permite:

  • Coñecer o estado da banqueta de balastro e da plataforma ferroviaria.
  • Avaliar o comportamento e a evolución da plataforma debido á propia explotación da rede e á acción dos traballos de mantemento.
SAEC pode usarse como:
  • Sistema para identificar e delimitar puntos ou tramos problemáticos que presenten:
    • Acumulación de humidade
    • Espesores de balastro anómalos
    • Contaminación por finos
    • Existencia de ocos baixo a vía ou puntos de asentamento
  • Ferramenta de recepción de plataforma na construción dunha nova liña de ferrocarril ou despois da renovación dunha infraestrutura existente.
Parágrafo de tipo destacado

SAEC permitirá unha planificación máis eficiente das operacións de mantemento, aforrando custos e tempo de execución.

Sistema de alto rendemento capaz de tomar datos de auscultación a velocidades de 80 a 100 km/h. A automatización do proceso de auscultación da plataforma mediante unha técnica non invasiva permite reducir drasticamente os custos da operación.
O sistema SAEC consta de:
  • Sensores embarcados no vehículo de control ou na máquina de mantemento: xeo-radar 3D, cámaras óptica e infravermella e sistema de posicionamento por odometría e GPS.
  • Smart-collector: sistema de sincronismo entre sensores de auscultación, preprocesamento e almacenamento de datos de auscultación.
  • Sistema de visualización e análise de datos:despois do procesamento, os datos de auscultación cárganse na súa propia base de datos (compatible con outras bases de datos) e pódense ver na web.