Programa de Estación Abierta

Desenvolvemento de iniciativas culturais, sociais e ambientais

Dentro das accións de Responsabilidade Corporativa e Sostibilidade de Adif, concretamente como parte das accións que tratan de optimizar o noso impacto social externo nas contornas locais, Adif conta desde 2008 cun programa de actuacións denominado Estación Aberta.

Este programa é a ferramenta para coordinar e promover iniciativas culturais, sociais e ambientais en estacións ferroviarias xestionadas por Adif, sempre baixo criterios de responsabilidade social e sen fins comerciais.

A súa finalidade é potenciar a conexión social da estación coa súa contorna e aumentar deste xeito o valor que Adif achega nos lugares onde se desenvolve a súa actividade. O programa artéllase en tres eixos de actuación: 
  • Apertura da estación á contorna (visitas)
  • Sensibilización en valores mediante a colaboración con entidades sen ánimo de lucro (exposicións, mesas informativas, captación de socios ou fondos, flashmob, concertos, etc.)
  • Accións culturais para a promoción de artistas noveis (concertos, exposicións, etc.)
O programa Estación Aberta Adif é o principal instrumento de Adif para materializar a colaboración co terceiro sector, poñendo á súa disposición, de balde, unha plataforma excelente (cada ano máis de 150 millóns de persoas pasan polas estacións de Adif) para realizar actividades que lles axuden a acadar os seus obxectivos, mentres que as estacións aumentan o seu valor para os cidadáns ao proporcionarlles contidos culturais, sociais ou ambientais.

Principales indicadores del programa en 2024

Como o facemos

O traballo de colaboración coas organizacións sen ánimo de lucro está regulado por un procedemento interno de traballo que nos permite garantir a homoxeneidade nas respostas ás peticións de espazo, con criterios explícitos e compartidos, independentemente da súa canle de entrada; tamén fai máis áxil e transparente o proceso de atención e resposta ás organizacións do terceiro sector.

As entidades sen ánimo de lucro (asociacións e fundacións) e institucións públicas que estean interesadas en levar a cabo algunha actividade en estacións de Adif e Adif AV deben enviar cuberto o formulario de solicitude e os documentos que nel se relacionan.
Tamén pode interesarche:
Accede á información das estacións
Un compromiso coas comunidades e persoas
 
Explora os inmobles dispoñibles