Rede convencional

Tecnoloxía de última xeración para dar resposta aos requisitos dos operadores de transporte.

Construción, renovación e mantemento da infraestrutura e instalacións

Contamos con:
  • Un equipo humano con ampla experiencia e moi especializado.
  • Tecnoloxía de última xeración para dar resposta aos requisitos dos operadores de transporte.
  • Maquinaria, vehículos e bases de mantemento adaptadas ás necesidades produtivas da rede ferroviaria en todo o país.
Os obxectivos do noso compromiso con viaxeiros e operadoras son:
  • Garantir a seguridade na circulación en coordinación coas áreas responsables da mesma.
  • Garantir a dispoñibilidade da infraestrutura.
  • Proporcionar aos operadores ferroviarios e de telecomunicacións a fiabilidade das instalacións e mellorar as prestacións.
  • Garantir este compromiso con criterios de calidade, seguridade para os traballadores e respecto ao medio ambiente.

Infraestrutura

A infraestrutura ferroviaria é o soporte que sostén o que se coñece como "camiño do tren", sobre o que se sitúan tanto a vía como as instalacións de sinalización, electrificación e telecomunicacións que posibilitan a circulación de trens.

Máis sobre a infraestrutura

Vía

A explotación do material que roda vén determinada, entre outros factores, polas características da superestrutura da vía. Hai que ter en conta o seu trazado (radio de curvatura e pendente), materiais, calidade, etc. Por iso un dos nosos retos é proporcionar a mellor infraestrutura posible aos nosos clientes operadores co obxectivo de incrementar a súa capacidade de tráfico, como en Cercanías, ou de elevar a velocidade comercial a 200/220 km./h, no caso de Media e Longa distancia. Todo isto garantindo os niveis axeitados de seguridade, calidade, fiabilidade e dispoñibilidade.

Actuacións a destacar

Sinalización

Ao longo dos últimos anos implantáronse nas Liñas Convencionais novas tecnoloxías que transformaron os elementos clásicos de sinalización, como encravamentos, bloqueos, telemandos, circuítos de vía, etc. Así, a modernización experimentada no transporte ferroviario potenciou a introdución de novos produtos como os encravamentos electrónicos (bloqueos electrónicos), circuítos de vía sen xuntas ou sistemas de asistencia á condución automática ATP-LZB.

O incremento do número de trens e o aumento da súa velocidade ten unha importante repercusión nos métodos e intervalos de actuación dedicados a labores de mantemento e reparación de avarías. Unha axeitada planificación das actividades a realizar, así como o estrito cumprimento da súa programación, fai posible que, a pesar da redución do tempo reservado para o mantemento, poidamos garantir os niveis de funcionalidade e seguridade requiridos.

Electrificación

As subestacións eléctricas e a liña aérea de contacto son as instalacións sobre as que traballamos no ámbito da electrificación. A liña aérea de contacto, tamén chamada catenaria, é a encargada de fornecer a enerxía eléctrica ao tren.

Todo o mantemento destas instalacións se programa coordinando as actuacións precisas coa nosa organización territorial, que tamén realiza as revisións periódicas previstas nas liñas de alta tensión que alimentan as nosas subestacións.

Con respecto a estas, incrementamos as súas prestacións coa implantación dun sistema de control distribuído e a normalización dos novos equipos de rectificadores, transformadores, diodos e fusibles.
Título fragmento
  • 9.200 km

    Liña aérea de contacto

  • 2.500 km

    Liña de alta tensión

  • 341

    Subestacións eléctricas

  • 1.844.000 kw

    Potencia instalada

Telecomunicacións

O transporte ferroviario, debido ás súas múltiples actividades e á súa complexidade operativa e de xestión, precisa intercambiar un gran volume de información. Se a isto lle engadimos a dispersión dos distintos centros de traballo, cómpre dispoñer de servizos de telecomunicación diferenciados en telefonía de xestión, de datos e de explotación: telefonía de control de tráfico, telemandos, sinalización, megafonía... Estes servizos, cos seus diferentes sistemas de xestión e control, intégranse nunha rede exclusiva de telecomunicacións.
Fibra óptica.
13.575
Quilómetros de rede de fibra óptica
Un cuadro de cableado.
93
Centrais dixitais de conmutación
Viaducto Cordel del Sac
3.844
Liñas de datos

Procesos produtivos

Os procesos produtivos no mantemento da infraestrutura engloban a totalidade dos traballos operativos e buscan optimizar o rendemento da infraestrutura e instalacións para asegurar un nivel adecuado de seguridade e fiabilidade.

Clasifícanse en tres grandes actividades que afectan as especialidades técnicas de infraestrutura, vía, sinalización, electrificación e telecomunicacións.

Actividades

Calidade e participación

O mantemento da Rede Convencional conta coas certificacións segundo as normas ISO 9001, 14001 e OHSAS 18.001, o que nos sitúa nunha posición vantaxosa no ámbito do desenvolvemento e mantemento das infraestruturas ferroviarias. Ademais, é unha das primeiras organizacións do noso país en contar coa certificación do Sistema de Xestión Integrada.
Participación

O equipo humano da Rede Convencional ten unha importante presenza no Concurso Anual de Participación en Calidade, no que os traballadores presentan iniciativas de melloras operativas e de xestión a través de Grupos de Iniciativa e Mellora (GIM) e Equipos de Iniciativa e Mellora (EIM).

A sistematización dos procesos produtivos propiciou un novo perfil das actividades de mantemento que incrementan a dispoñibilidade das instalacións e melloran a xestión das actividades de inspección, coa conseguinte redución de incidencias.

Xestión Ambiental

Temos un Sistema de Xestión Ambiental segundo a norma 14.001:2004, para o cal desenvolvemos unha serie de procedementos xerais e específicos das diversas especialidades técnicas, na que se identifican os aspectos ambientais afectados en cada actividade.

Contamos con 28 puntos limpos distribuídos por todo o territorio nacional que dan servizo a todas as nosas áreas operativas. Estes puntos contribúen dun xeito moi eficiente e racional ao noso compromiso como organización respectuosa co medio.

Tamén desenvolvemos unha serie de Boas Prácticas Ambientais centradas no aforro de enerxía eléctrica, aforro no consumo de auga e xestión de residuos.

Seguridade e Saúde laboral

En 2006 obtivemos a certificación de acordo coa norma OHSAS 18.001, logo da comprobación por parte de AENOR de que a nosa xestión de seguridade e saúde laboral cumpre os requisitos esixidos por esa norma.

Esta certificación, que está considerada como o máis elevado nivel de esixencia internacional en prevención de riscos laborais, constata a superación, con moito, dos requisitos mínimos esixidos pola lexislación vixente. Con este selo, Adif converteuse na primeira organización ferroviaria europea certificada nesta norma.

Pasos a nivel

A existencia de cruces de estradas ou outras vías de comunicación coa liña férrea é un feito herdado do desenvolvemento histórico na construción destas infraestruturas.

A cifra de aproximadamente 10.000 pasos a nivel existentes a mediados dos anos 70 foi reducíndose notablemente, á vez que se evolucionou na implantación de medidas de protección naqueles que seguiron prestando servizo.
Saltar carrusel
Notas de prensa relacionadas
Adif estrena el nuevo Centro de Telecomunicaciones de Atocha
Adif licita la redacción del proyecto de la subestación eléctrica de tracción de Ronda
Adif invierte más de 2 M€ en mejoras de la infraestructura ferroviaria en varios tramos de la provincia de Lugo
Adif licita la instalación de 2,5 km de nuevos cerramientos en las líneas C3 y C4 de Cercanías de Asturias
Adif destina 2,8M€ a renovar el túnel de la estación Victoria Kent de Málaga
Adif avanza en las obras de restauración de la estación de València Nord
Firmado el convenio interinstitucional para cubrir la vía del ferrocarril en Maliaño (Camargo)
Adif aborda trabajos de mantenimiento en la infraestructura en la estación de Villalba de Guadarrama
Adif adjudica las obras de supresión de seis pasos a nivel en el término municipal de Lugo
Adif reforzará la accesibilidad del apeadero de Valladolid-Universidad, mejorando a su vez la permeabilidad de la zona
Adif inicia los sondeos geotécnicos en los terrenos de la futura estación de Cercanías en la zona Norte de Jerez
Adif destina 7,2 millones de euros a la auscultación y perfilado de los aparatos de vía de la red de alta velocidad
Adif adjudica el arrendamiento de locomotoras y servicios de conducción para labores de mantenimiento en la red ...
Adif adjudica por 7 M€ la construcción del nuevo edificio de viajeros de la estación de Montcada-Bifurcació
Adif somete a información pública el proyecto que elimina el paso a nivel entre Alfafar y Sedaví para garantizar una ...
Adif licita por 2 M€ la renovación y mejora de tres pasos a nivel en la provincia de Málaga
Adif destina 7,3 M€ a la estabilización de taludes entre Udalla y Treto en la red de ancho métrico de Cantabria
Adif adjudica la redacción de los proyectos de renovación y mejora del tramo Castejón-Logroño por 14,6 M€
Adif destina 13M€ a la redacción de proyectos para obras de refuerzo de infraestructuras ferroviarias
Adif adjudica por 12 M€ las instalaciones de señalización del nuevo acceso ferroviario sur al Port de Castelló