Período 2021-2027

Financiamento europeo

Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)

O Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), instrumento financeiro da política de cohesión europea, contribúe a corrixir os desequilibrios rexionais. A normativa que rexe os recursos FEDER no período 2021-2027 atópase en:
No período 2021-2027 definíronse cinco Obxectivos Políticos para os investimentos da UE:
  • OP.1. Unha Europa máis competitiva e intelixente.
  • OP.2. Unha Europa máis verde, baixa en carbono.
  • OP.3. Unha Europa máis conectada, mellorando a mobilidade.
  • OP.4. Unha Europa máis social e inclusiva.
  • OP.5. Unha Europa máis próxima aos seus cidadáns.
O Acordo de Asociación de España 2021-2027, aprobado o 18 de novembro de 2022 por parte da Comisión Europea, é o documento de carácter estratéxico que recolle a formulación básica e as prioridades de investimento dos fondos FEDER, FSE+, FEMPA e o FTJ para o período 2021-2027.
FEDER
Axuda prevista do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) de 324,75 millóns de euros.
Delegación de determinadas funcións da Autoridade de Xestión  no Organismo Intermedio previa designación formal.
Ministerio de Facenda. A Política Rexional e os seus instrumentos. Fondos Europeos.
Descrición das Operacións e accións de comunicación realizadas.

Mecanismo “Conectar Europa” da Unión Europea (CEF)

O Mecanismo “Conectar Europa” da Unión Europea (CEF) é un instrumento financeiro creado pola Comisión Europea co obxectivo de construír, desenvolver, modernizar e finalizar as redes transeuropeas, tendo en conta os compromisos de descarbonización a longo prazo e os obxectivos de crecemento intelixente, sostible e integrador e cohesión territorial, social e económica, e facilitando as sinerxías entre os sectores dixital, do transporte e da enerxía.

Os obxectivos específicos do Mecanismo “Conectar Europa” da Unión Europea (CEF) no sector do transporte é apoiar os investimentos que contribúen ao desenvolvemento dos proxectos de interese común relativos ás redes e infraestruturas eficientes, interconectadas e multimodais para lograr unha mobilidade intelixente, interoperable, sostible, integradora, accesible e segura, e adaptar parte da RTE-T para un dobre uso das infraestruturas de transporte con vistas a mellorar a mobilidade tanto civil como militar.
Estas axudas son xestionadas pola Axencia Executiva Europea de Clima, Infraestruturas e Medio Ambiente (CINEA) da Comisión Europea a través de convocatorias anuais e outórganse en competencia entre as diferentes solicitudes concorrentes.
A normativa que rexe para os proxectos de Adif que van recibir cofinanciamento a través do Mecanismo “Conectar Europa” da Unión Europea (CEF) no período 2021-2027 atópase en:
Responsive Image
No período 2021-2027, o Mecanismo “Conectar Europa” da Unión Europea (CEF) apoia a través de CEF Transport proxectos fundamentais de infraestruturas de transporte. Este programa cofinancia cunha axuda de 7 millóns de euros.