Embárcate nunha nova viaxe

Ao teu dispor

Como entidade pública empresarial, adquirimos un compromiso cos cidadáns de que os nosos resultados e impactos contribúan, na maior medida posible, a mellorar a vida das persoas.Ese é o noso propósito último e o noso compromiso fundamental:traballar cada día, como xestores e administradores da rede ferroviaria, para contribuír a mellorar a vida da xente e a relación con todos vós e, por iso, o noso sitio web en Internet non podía quedar fóra.

Nesta web amosamos o que somos, que facemos e que ofrecemos, pero queremos conseguilo de xeito áxil e para iso baleiramos este escaparate para recompoñelo, presentalo de xeito máis dinámico e dotalo de acceso a multitude de contidos.

Convidámoste a embarcarte nesta nova viaxe ao interior de Adif Alta Velocidade, a navegar por unhas novas páxinas que poñen ao teu dispor desde a "Declaración sobre a Rede", o documento que expón as características da infraestrutura e contén información sobre as condicións de acceso a ela, ata unha galería de imaxes, sen esquecer os servizos para clientes e provedores ou a información para investidores.

Queremos achegar todo Adif-AV aos nosos visitantes e para logralo poñemos ao teu dispor, ademais do menú de navegación e unha páxina de inicio clásicos, outras adicionais onde localizar máis facilmente o que se está a procurar, xa sexa como investidores ou como empresas e institucións. Pretendemos con isto que o acceso á información se faga no menor número de clics.

O noso sitio en Internet ofreceu un servizo excelente durante moitos anos, pero necesitaba adaptarse aos requirimentos dunha transformación dixital que xa é unha realidade, aos novos dispositivos e a maiores requirimentos de quen vos achegades a procurar información nas nosas páxinas.

Agradecemos a túa confianza e presentámosche unha nova web capaz de adaptarse ás necesidades dos cidadáns e de ofrecer, grazas á súa capacidade de evolución, os servizos que se nos vaian demandando no futuro.