Período 2014-2020
No período 2014-2020 están previstas axudas por valor de 1.478,3 millóns de euros.O Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do P.O.Plurirrexional de España 2014-2020, Obxectivo Temático 7:Transporte sostible, achega 1.286,6 millóns de euros. Tamén están concedidas unhas axudas FEDER por importe de 3,4 millóns de euros, que son xestionadas polo Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (Ver Financiamento en I+D+i) E o Mecanismo “Conectar Europa” da Unión Europea (CEF) achega 188,3 millóns de euros.(Datos a 31 de decembro de 2020)
LIÑA DE ALTA VELOCIDADE MADRID - SEVILLA
Dentro do periodo 2014-2020 vaise cofinanciar:
(Datos a 31 de decembro de 2020)
LIÑA DE ALTA VELOCIDADE MADRID - BARCELONA - FRONTEIRA FRANCESA
Dentro do periodo 2014 - 2020 vaise cofinanciar:
LIÑA DE ALTA VELOCIDADE MADRID - VALLADOLID
LIÑA DE ALTA VELOCIDADE MADRID - CASTELA A MANCHA - COMUNIDADE VALENCIANA - REXIÓN DE MURCIA
LIÑA DE ALTA VELOCIDADE MADRID - GALICIA. TRAMO LUBIÁN - OURENSE
EIXO ATLÁNTICO
LIÑA DE ALTA VELOCIDADE VITORIA - BILBAO - SAN SEBASTIÁN - FRONTEIRA FRANCESA
LIÑA DE ALTA VELOCIDADE MADRID - EXTREMADURA - FRONTEIRA PORTUGUESAA
LIÑA DE ALTA VELOCIDADE ANTEQUERA - GRANADA
LIÑA DE ALTA VELOCIDADE ALMERÍA - MURCIA
LIÑA DE ALTA VELOCIDADE VALLADOLID - PALENCIA - LEÓN
LIÑA DE ALTA VELOCIDADE VENTA DE BAÑOS - BURGOS - VITORIA
NOVO TÚNEL DE DE ALTA VELOCIDADE CONEXIÓN ATOCHA - CHAMARTÍN
A montaxe da vía e as instalacións para a ampliación do tramo Atocha-Torrejón de Velasco que optimizará a posta en servizo do túnel estarán cofinanciadas no período 2014-2020 polo Mecanismo "Conectar Europa" da Unión Europea (CEF) cunha axuda de 9,9 millóns de euros.
O Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) forma parte dos Fondos Estruturais e de Investimento Europeos (Fondos EIE) xunto co Fondo Social Europeo (FSE), o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) e o Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).
O obxectivo destes fondos é promover a competitividade e a converxencia de todos os territorios e son un instrumento esencial para afrontar os principais retos de desenvolvemento de España e na aplicación da Estratexia Europa 2020.
A Estratexia Europa 2020 é a axenda de crecemento e emprego da UE nesta década.Sinala o crecemento intelixente, sostible e integrador como forma de superar as deficiencias estruturais da economía europea, mellorar a súa competitividade e produtividade e sustentar unha economía social de mercado sostible.
O Reino de España asinou o 30 de outubro de 2014 o Acordo de Asociación coa Comisión Europea no que se establece a estratexia para o uso óptimo dos Fondos Estruturais e de Investimento Europeos en todo o país.
A xestión en España dos Fondos Estruturais e de Investimento Europeos (Fondos EIE) faina o Ministerio de Facenda e Función Pública.
Regulamentos Europeos números:1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello e 480/2014, 821/2014, 1011/2014 e 2015/207 da Comisión.
Para completar los itinerarios del nivel de la red básica (core) ferroviaria de la RTE-T, tanto para transporte de viajeros como de mercancías y adecuar la red de ferrocarril convencional a los estándares europeos, definidos en el reglamento RTE-T como ancho de vía, electrificación, capacidad de tren, etc., así como para la priorización de los corredores Mediterráneo, Atlántico y la interconexión entre ambos, fomentando la integración modal, se ha definido la siguiente línea de actuación:
O Mecanismo “Conectar Europa” da Unión Europea (CEF) é un instrumento da Unión Europea para proporcionar axuda financeira a proxectos de interese común das redes transeuropeas de transporte, telecomunicacións e enerxía.
O obxectivo destas axudas é desenvolver e mellorar a rede europea de transporte, ao tempo que promove solucións de mobilidade sostibles e innovadoras.
Estas axudas son xestionadas pola Axencia INEA da Comisión Europea a través de convocatorias anuais e outórganse en competencia entre as diferentes solicitudes concorrentes.
Regulamentos Europeos números:1315/2013 e 1316/2013 do Parlamento Europeo e do Consello.