Liña Córdoba - Málaga

Estacións da liña

As distintas estacións da liña destacan pola súa funcionalidade para a prestación dos diferentes servizos, así como polo seu deseño arquitectónico.

Hai tres novas estacións que atenden pasaxeiros na liña Córdoba - Málaga.

VIALIA MÁLAGA MARÍA ZAMBRANO

 

A estación de Málaga, inaugurada no 2006, ocupa unha superficie de 51.377 m2, máis de cinco veces a superficie da antiga estación. Está equipada con 8 vías, cinco en ancho UIC e tres de ancho ibérico baixo unha gran cuberta metálica construída sen piares intermedios.

O complexo ferroviario integra, ademais dos espazos ferroviarios, unha zona comercial e de lecer, un hotel de catro estrelas e aparcamentos. Neste momento, é o maior centro de transporte intermodal e comercial construído en toda España, baixo a marca Vialia..

Os centros Vialia de Adif son centros de servizos integrados, onde conviven transporte, cultura, lecer e comercio, e que contribúen a facer un pouco máis doada a vida dos cidadáns. Os outros centros Vialia están situados en Bilbao, Pontevedra, Salamanca e Albacete.

Vialia María Zambrano foi un proxecto deseñado de tal xeito que no interior do recinto non hai interferencias entre uns servizos e outros e facilítase a mobilidade entre as distintas actividades que confluirán, caracterizada pola súa accesibilidade, transparencia, espazos abertos e zonas acristaladas.

É un espazo moderno aberto ao desenvolvemento da vida cidadá, onde se promoveu a Intermodalidade, xa que a alta velocidade, os trens de proximidade, os autobuses urbanos e interurbanos e o metro de Málaga están conectados entre si, unha vez que entre en servizo.

PUENTE GENIL - HERRERA

 

Esta estación de vangarda, inaugurada en decembro do 2006, está composta por unha gran cuberta metálica que se asemella a un paxaro que está a voar.

Ten catro vías e dúas plataformas, sobre os que está situadio o edificio de viaxeiros nun nivel elevado respecto ás vías, como unha gran pasarela de 1550 metros cadrados.

ANTEQUERA - SANTA ANA

 

A estación de Antequera-Santa Ana converteuse no centro de distribución do tráfico ferroviario no sur de España debido aos seus cambiadores de ancho de vía. Ten cinco vías en ancho UIC e dúas en ancho ibérico.

O edificio de viaxeiros ten unha superficie total de 3500 m2. Arquitectonicamente, está construído sobre a base dunha estrutura metálica en forma de ás grandes cos seus bordos incrustados en muros de formigón, baixo unha cuberta de cinc corrugada de cinco corpos, cunha altura de entre 8 e 13 metros.

Na zona urbana de Antequera construirase unha segunda estación de alta velocidade que dará servizo aos trens que circulan pola liña de alta velocidade Antequera - Granada.