30 anos de Alta Velocidade

1992 - 2022

Titulo

O 21 de abril de 1992 arrincou o servizo comercial da Liña de Alta Velocidade Madrid-Sevilla, unha infraestrutura de transporte de 470,5 km e un investimento de máis de 3.250 millóns de euros, convertida na maior obra de enxeñaría ferroviaria acometida en España ata ese momento, realizada en moi pouco tempo e impulsada pola vontade de achegar o noso país a Europa.

Hoxe a alta velocidade é un referente pola súa contribución ao desenvolvemento socioeconómico e á estruturación do territorio, o seu carácter innovador, seguro e sustentable -uso do 100% de enerxía renovable- e a súa determinante incidencia na conectividade e conexión das comunidades, a través dun servizo rápido e fiable que achega distancias, territorios, persoas, culturas e ideas.

O desafío continúa. Os investimentos de Adif-AV elévanse a 12.000 millóns no período 2021-2025.

A rede ferroviaria de alta velocidade xestionada por Adif-AV alcanzará en 2022 os 4.000 km de lonxitude, consolidando o liderado mundial de España no desenvolvemento dun modelo de mobilidade sustentable, conectado, que artella e dinamiza territorios. De feito, o noso país é o primeiro en Europa e o segundo no mundo, tras China, por quilómetros de alta velocidade en funcionamento.

Tres décadas despois da posta en servizo da primeira liña de alta velocidade de España, entre Madrid e Sevilla (470,5 km), a rede multiplicouse case por oito, con investimentos acumulados que superan os 57.200 millóns de euros.

A súa construción iniciou unha transformación sen precedentes do ferrocarril, tanto desde o punto de vista tecnolóxico como industrial. Este proceso permitiu a España pasar de ser importador a exportador de tecnoloxía e coñecemento, que hoxe aplican países de todo o mundo.

A alta velocidade tamén foi pioneira no ámbito da sustentabilidade, consolidando o respecto á contorna como alicerce básico. A innovación aplicada na alta velocidade transformou tamén os conceptos de mantemento, circulación e conectividade.
 
A posta en servizo desta liña, construída en ancho estándar, supuxo tamén o primeiro paso cara a unha maior integración co resto da infraestrutura ferroviaria europea, a interoperabilidade.

Consulta a historia completa da LAV Madrid-Sevilla.

Coñece máis sobre as estacións da LAV Madrid-Sevilla.

Pasado e futuro

Protagonistas que participaron na posta en servizo da primeira liña de alta velocidade entre Madrid e Sevilla en 1992 rememoran os anos previos ao seu lanzamento e reflexionan xunto a aqueles outros que hoxe lideran o desenvolvemento dun proxecto que transformou a mobilidade e o noso país.

Había respecto ao descoñecido, aos retos tecnolóxicos. Aos prazos. Iso producía tensión e preocupación, pero tamén unha estraña forza que fai que todo funcione. E funcionou.

A alta velocidade cambiou a forma de entender a mobilidade. E até a xeografía: desde entón as distancias mídense en tempos de viaxe e non en km. Con ela, transformáronse os conceptos de mantemento, circulación e operación e España pasou de ser importador a exportador de tecnoloxía e enxeñaría a outros países de Europa e do mundo.

A alta velocidade é tamén expoñente da sustentabilidade e a súa expansión contribuíu ao desenvolvemento socioeconómico do país e á estruturación do seu territorio.

Hai tres décadas dicíase que a alta velocidade era un tren para as elites. Hoxe sabemos que é un tren de elite, pero para todo o mundo.

Trinta anos despois, Adif e Adif Alta Velocidade afrontan o reto da liberalización da rede para democratizar o seu uso e pór ao servizo dos cidadáns as oportunidades que ofrece unha mobilidade segura e sustentable a prezos competitivos, que definitivamente consolidará ao tren como o primeiro medio de transporte en España.

Repasa os principais fitos da Rede de Alta Velocidade.

Atrás 30 años vídeos

Vídeos LAV Madrid - Sevilla

Saltar carrusel

Principais cifras da rede española de Alta Velocidade

Principais cifras da rede española de Alta Velocidade
  • 3.728 km.

    de Alta Velocidade
  • 50 estacións

    en 25 provincias
  • 2.629 km

    de Alta Velocidade dotados con ERTMS
  • 11.895 M€

    Achega de Fondos Europeos 1994 - 2021

Título fragmento
  • 57.200 M€

    de investimento até 2021
  • 12.096 M€

    de investimento no período 2021-2025
  • 15.131 Tm. CO2

    aforradas en emisións até 2025
  • 100%

    de enerxía limpa renovable
Responsive Image