Sostibilidade
Responsabilidade Social Corporativa

Política de Sostibilidade de Adif e Adif Alta Velocidad
Desta maneira, aliñándose cos cinco criterios que establece o World Business Council for Sustainable Development (WBCSD) e cos retos marcados polo Consello Empresarial Español para o Desenvolvemento Sostible, a Política establece os seguintes compromisos:
- Alcanzar cero emisións netas de gases de efecto invernadoiro (GEI) en 2050.
- Establecer metas ambientais ambiciosas a curto e medio prazo que contribúan á recuperación da natureza e a biodiversidade para 2050.
- Integrar o apoio aos Principios Reitores das Nacións Unidas sobre Empresas e Dereitos Humanos mediante a implantación dunha política de respecto aos Dereitos Humanos e un proceso de debida dilixencia.
- Integrar o apoio á inclusión, a igualdade, a diversidade e a eliminación de calquera forma de discriminación.
- Operar cos máis altos estándares de goberno corporativo e transparencia, mediante a divulgación de información material de sostibilidade e aliñar a xestión de riscos empresariais cos riscos ambientais, sociais e relacionados coa gobernanza (riscos ASG).
Para garantir a implantación, desenvolvemento e difusión da Política de Sostibilidade de Adif e Adif AV, creouse un Comité de Sostibilidade, que será o órgano encargado de velar polo cumprimento destes compromisos, reforzando así o modelo de gobernanza de ambas as dúas entidades en materia de sostibilidade.
- Modelo ético
- Mellora da transparencia
- Loita contra a fraude
- Xestión de riscos
- Informe de Información non financeira
- Información sobre Sostibilidade Económica
- Acceso á información.
Presenza en foros de responsabilidade corporativa e sostibilidade
Sostibilidade e Medio Natural
Para Adif, o respecto polo medio natural durante a execución das actividades que leva a cabo está claramente identificado na Visión, Misión e Valores que definiu a entidade, no contexto do Plan Estratéxico 2030
Dúas liñas de actuación
Política ambiental
Memorias Ambientais
Xestión integral ambiental. Principais áreas de actuación
Gobernanza
Aspectos relevantes en bo goberno e transparencia:
- Modelo Corporativo de Cumprimento Normativo. Adif conta desde 2009 cun Código Ético e de Conduta aprobado polo Consello de Administración, actualizado xunto co resto de políticas e procedementos que o desenvolven nos anos 2018 e 2019, tendo en conta os cambios lexislativos e o proceso de mellora continua do Modelo. Acceso á Canle ética
- Política Corporativa de Loita Contra a Fraude. Aplícase a todos os membros do Consello de Administración, da Alta Dirección e, en xeral, sen excepción e calquera que sexa o seu cargo, responsabilidade, ocupación ou situación xeográfica, a todos os empregados de Adif. Coa Declaración institucional de Loita Contra a Fraude demóstrase o compromiso de manter os estándares máis altos no cumprimento das normas xurídicas, éticas e morais e adoptar os principios de integridade, imparcialidade e honestidade.
- Modelo de Xestión Integral de Riscos. Permite establecer canles de información apropiadas que garantan unha axeitada comunicación para impulsar unha cultura de xestión dilixente dos riscos en todos os ámbitos da compañía, mantendo niveis de risco coherentes. Na evolución do modelo corporativo estase a realizar a análise dos compoñentes ESG no proceso de revisión do mapa de riscos da Entidade. Política de Xestión Integral de Riscos Adif
Informe de Xestión (inclúe o Estado de Sostibilidade)
Informe de Xestión (inclúe o Estado de Sostibilidade)
Dado que a Directiva CSRD aínda non foi trasposta ao ordenamento xurídico español por atoparse en proceso de revisión (paquete Ómnibus), o Informe de Xestión de 2024 integra o Estado de Sostibilidade conforme a un modelo híbrido que dá resposta tanto aos requisitos da Lei 11/2018 de Información Non Financeira e Diversidade, lei actualmente vixente respecto do reporte en sostibilidade no territorio nacional, como aos da Directiva CSRD.
Este reporte ten en conta, ademais da Directiva CSRD e a Lei 11/2018 de INF e Diversidade xa mencionadas:
- Os GRI estándar (Global Reporting)
- Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, ODS, da Axenda 2030 de Nacións Unidas
O fin último do Estado de Sostibilidade é a creación de valor para os nosos grupos de interese, baseado na transparencia sobre cuestións ASG que van máis aló das cuestións financeiras.
Inclúe:
- Informe de Xestión (inclúe o Estado de Sostibilidade), Declaración de Verificación Independente asociada e Informe de Auditoria do Sistema de Control Interno da Información Financeira (SCIIF)
- Resumo Executivo do Estado de Sostibilidade
- Exercicios anteriores (2005-2023)
Sostibilidade Económica
A partir do ano 2017, a información sostible corporativa de Adif incorpórase ao Informe de Xestión, que forma parte das Contas Anuais aprobadas e auditadas en cada exercicio económico; existindo anteriormente ao devandito ano 2017 un Informe de Sostibilidade independente do Informe de Xestión.
Coa entrada en vigor da Lei 11/2018, normalízase o tipo de información a incluír no Estado de Información Non Financeira (EINF), co cal se amplía o coñecemento da evolución e o resultado económico da Entidade a partir do impacto na súa actividade respecto de cuestións ASG.