Protección de datos

Subtítulo sit amet consectetur adipiscing elit.

Administrador de Infraestruturas Ferroviarias
A Constitución española, no seu artigo 18.4, empraza o lexislador a limitar o uso da informática para garantir o honor, a intimidade persoal e familiar dos cidadáns e o lexítimo exercicio dos seus dereitos. Así, o dereito á protección dos datos de carácter persoal convértese nun dereito fundamental de todos os cidadáns.

O Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD).

Rexistro de actividades de tratamento

De conformidade co artigo 31.2 da Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais (LOPD), Adif, na súa calidade de Responsables ou, de ser o caso, encargados, do tratamento, e dentro das medidas de responsabilidade dilixente que estamos a implantar, publicamos na nosa páxina web o inventario das actividades de tratamento de datos persoais que realizamos, identificando, entroutra información, quen trata os datos, con que finalidade e que base xurídica lexitima o tratamento.

Cláusulas informativas

Enmarcado no principio de transparencia, comunicación e información ao interesado que establecen tanto o Regulamento Europeo de Protección de Datos (RXPD) como a Lei Orgánica de Protección de Datos (LOPD), e coa finalidade de informar os interesados dun xeito claro, conciso, de fácil acceso, tanto respecto ás condicións dos tratamentos que lles afecten como nas respostas aos exercicios dos dereitos, en Adif publicamos na nosa páxina web as seguintes cláusulas informativas en relación cos nosos rexistros de actividades de tratamento.

Dereitos dos interesados

ADIF ten, cando proceda, o deber de garantir os dereitos ás persoas físicas titulares de datos persoais en relación ao seu acceso, rectificación, supresión, oposición e limitación, de conformidade cos artigos 15 a 21 do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD).

Solicitudes para o exercicio dos dereitos

O afectado exercerá directamente os dereitos de acceso, oposición, rectificación, supresión e limitación dos seus datos de carácter persoal fronte ao responsable do ficheiro a través dos correspondentes modelos de solicitude.

Estas solicitudes estarán dispoñibles en todos os departamentos ou enderezos onde se poidan exercitar os dereitos, así como nos seguintes enderezos: páxina web de ADIF, sección "Sobre Adif", apartado "Transparencia".

Modelo de solicitud para el ejercicio de los derechos del interesado

Dereito de Información

Información básica sobre protección de datos. Para acceder a algún dos servizos ofrecidos a través da páxina web www.adif.es, os usuarios deberán proporcionar previamente algúns datos de carácter persoal. De conformidade co establecido no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016 (RXPD), informamos de que os datos persoais facilitados serán tratados por ADIF coa finalidade de posibilitar o acceso aos servizos ofrecidos a través da paxina web www.adif.es. A base que lexitima o tratamento dos datos persoais é o interese público ou o exercicio de poderes públicos. Non se cederán datos a terceiros, salvo obriga legal.

ADIF, como responsable do tratamento, adoptará as medidas, de índole técnica e organizativa, necesarias para garantir a seguridade dos datos de carácter persoal que se proporcionen, evitando a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado. ADIF tratará estes datos segundo as condicións determinadas neste apartado e con suxeición ao establecido nas condicións particulares do correspondente servizo. 
 
O interesado pode exercer ante o responsable do tratamento os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade, de conformidade cos artigos 15 a 21 do Regulamento Xeral de Protección de Datos, dirixindo a súa petición a ADIF, no seguinte enderezo postal: Avenida Pío XII, 97 bis, 28036 (Madrid), acompañando fotocopia do seu DNI ou pasaporte.
 

Pode exercer estes dereitos mediante o envío dunha comunicación escrita ao "Responsable do Tratamento de protección de datos" cuxos datos de contacto pode atopar no apartado Quen é o responsable do tratamento dos seus datos persoais? Así mesmo, pode contactar co noso Delegado de Protección de Datos, se desexa aclarar algún aspecto relacionado co tratamento dos seus datos, a través da conta de correo electrónico: dpd.adif@adif.es

No caso de que non estea conforme coa resposta facilitada por ADIF no exercicio dos seus dereitos, pode presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos ( www.agpd.es) ou ante calquera outra autoridade de control competente en materia de protección de datos da Unión Europea.