Información xeral
sobre Transparencia
Adif, como entidade pública empresarial adscrita ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, orienta a súa xestión dende o diálogo cos seus grupos de interese (usuarios do ferrocarril, operadores ferroviarios, cidadáns, contribuíntes, provedores, investidores, empregados, etc.), para a consecución dun sistema ferroviario seguro, eficiente e sostible.
Con esa visión e desde os valores de responsabilidade, boas prácticas e servizo aos intereses da cidadanía, ofrécese acceso á documentación pública da compañía por medio desta web.
Nesta sección están dispoñibles os informes de xestión financeira e non financeira; os procesos de necesaria información pública; os elementos clave do proceso de liberalización do sector ferroviario; a política de protección de datos e o acceso á Canle Ética, conduto de comunicación entre Adif e os seus grupos de interese e coa sociedade en xeral para que calquera persoa poida notificar posibles incumprimentos do Código Ético e de Conduta.Aquelas informacións que afectan a funcións e á normativa básica, órganos de goberno e estrutura organizativa ou información de relevancia xurídica atópase no capítulo da web onde se integra esta sección.