Fotografía e traballos audiovisuais

en instalacións e dependencias de Adif

Nesta páxina dispón da información necesaria para a realización de fotografías ou traballos audiovisuais en estacións ou noutras instalacións de Adif.
  • Se o traballo que desexas realizar é de carácter profesional ou para ofrecer un servizo audiovisual a unha empresa, por favor, le atentamente as indicacións que figuran a continuación.
  • Se, como afeccionado á fotografía e ao ferrocarril, desexas tomar fotos ou gravar vídeos para uso propio ou, en todo caso sen ánimo de lucro, consulta o apartado de Traballos persoais de afeccionados á fotografía e ao ferrocarril nesta mesma páxina.
 

Traballos de carácter profesional

Medios de Comunicación

Solicitude de autorización de gravación ou toma de fotografías para traballos con carácter exclusivamente informativo.

Datos a consignar na solicitude:

  • Nomes completos e número de DNI das persoas que van realizar o traballo.
  • Data prevista para a realización
  • Obxecto ou finalidade do traballo ou reportaxe
  • Teléfono e persoa de contacto
NOTA: A autorización terá validez unicamente polo período no que se vaia a realizar o labor profesional nas instalacións ferroviarias correspondentes.
É imprescindible indicar o medio de comunicación para o que se solicita permiso para a realización do traballo.
Rodaxes cinematográficas ou televisivas, anuncios, documentais...

Na seccción de Rodaxes podes solictar a autorización para a realización de traballos profesionais ou de investigación (rodaxes cinematográficas ou televisivas, anuncios, traballos sobre tecnoloxía ferroviaria, etc) que precisen de gravacións ou toma de fotografías en instalacións de Adif. Tamén coñecerás as tarifas aplicables.

Dispós dun buscador de localizacións que pode ser de interese para o teu proxecto. Estes espazos están clasificados por tipoloxía e localización xeográfica. O buscador dispón tamén dun filtro de etiquetas que recollen algunhas características que agrupan as instalacións segundo os requisitos do proxecto.

Coordinación e xestión con outras empresas relacionadas co ferrocarril

Tamén a Fundación dos Ferrocarrís Españois dispón de localizacións de singular interese para rodaxes, eventos e traballos audiovisuais, como son os seus museos ferroviarios, os trens que se aloxan neles e o Palacio de Fernán Núñez.

Traballos persoais de afeccionados á fotografía e ao ferrocarril

Título

Os particulares que desexen facer fotografías nas zonas privadas de uso público das principais estacións ferroviarias de Adif non terán necesidade de dispoñer de permiso previo.

Malia que as fotografías sexan realizadas por afeccionados, aquelas reportaxes cuxa temática principal non sexa de índole ferroviaria ou relacionada co ferrocarril en xeral necesitarán un permiso específico e poden considerarse traballos profesionais.

Así mesmo, as seguintes situacións non se consideran como "fotografía de afeccionados" e, polo tanto, entenderanse como traballos profesionais que requiren autorización expresa:

  • Blogs, catálogos e/ou editoriais de moda, books de modelos, actores e actrices.
  • Reportaxes de voda, prevoda e comunións.
  • Reportaxes para redes sociais con fins lucrativos.
  • Fotografías con fins comerciais.

Limitacións

Non obstante, no caso das fotografías de afeccionados, séguense as seguintes limitacións: