Programa Estación Abierta Adif
Subtítulo sit amet consectetur adipiscing elit.
O Programa
Dentro das accións de Responsabilidade Corporativa e Sostibilidade de Adif, concretamente como parte das accións que tratan de optimizar o noso impacto social externo nas contornas locais, Adif conta desde 2008 cun programa de actuacións denominado Programa Estación Aberta Adif. Este programa é a ferramenta para coordinar e promover iniciativas culturais, sociais e ambientais en estacións ferroviarias xestionadas por Adif, sempre baixo criterios de responsabilidade social e sen fins comerciais.
Título
A súa finalidade é potenciar a conexión social da estación coa súa contorna e aumentar deste xeito o valor que Adif achega nos lugares onde se desenvolve a súa actividade. O programa artéllase en tres eixes de actuación:
- Apertura da Estación á contorna (visitas e actividades sociais)
- Sensibilización en valores mediante a colaboración con ONG e outras entidades sen ánimo de lucro (exposicións, mesas informativas, captación de socios ou fondos, flashmob, concertos, etc.).
- Accións culturais para a promoción de artistas noveis (concertos e exposicións)
O Programa Estación Aberta Adif é o principal instrumento de Adif para materializar a colaboración co terceiro sector, poñendo á súa disposición, de balde, unha plataforma excelente (cada ano máis de 150 millóns de persoas pasan polas estacións de Adif) para realizar actividades que lles axuden a acadar os seus obxectivos, mentres que as estacións aumentan o seu valor para os cidadáns ao proporcionarlles contidos culturais, sociais ou ambientais.
Como o facemos
O traballo de colaboración con organizacións sen ánimo de lucro está regulado por un procedemento interno de traballo que nos permite garantir a homoxeneidade nas respostas ás peticións de espazo, con criterios explícitos e compartidos, independentemente da súa canle de entrada; tamén fai máis áxil e transparente o proceso de atención e resposta ás organizacións do terceiro sector.
Solicitude para a cesión de espazos a organizacións
As entidades sen ánimo de lucro (asociacións e fundacións) e institucións públicasque estean interesadas en levar a cabo algunha actividade en estacións de Adif e Adif AV deben enviar cuberto o formulario de solicitude e os documentos que nel se relacionan.
Tamén pode interesarche:
Principais indicadores do Programa
Indicadores 2020
197
197
Actividades realizadas
72
72
Entidades participantes
60
60
Estacións empregadas
Indicadores 2020
144.036 €
144.036 €
Retorno directo obtido
7.63
7.63
Grao de satisfacción co resultado da actividade polas entidades (valoración media)
9.28
9.28
Grao de satisfacción coa colaboración prestada por Adif ás entidades (valoración media)