Plan Estratéxico 2030

A chave do noso futuro

O Plan Estratéxico de Adif e Adif AV 2030, é a guía de referencia e chave do futuro que brinda a planificación e as ferramentas que ADIF e ADIF AV deberemos implementar durante os próximos dez anos para facer fronte aos desafíos e retos que tanto a situación exterior como o contexto interno das compañías deben afrontar.

O Plan Estratéxico 2030 é a chave que abre a porta da ruta a seguir por Adif e Adif Alta Velocidade, nun mundo incerto onde o "fin de traxecto" aínda non se terminou de escribir.

O Plan construíuse coa participación de todas as Direccións Xerais de ambas as dúas entidades para conseguir unha visión conxunta e colaborativa. Grazas ao PE2030, todos xuntos afrontamos os 1+10+1 desafíos e preparámonos para afrontar e anticiparnos aos novos retos que están por vir, as tendencias tecnolóxicas que xa forman parte da nosa realidade, os novos modelos de consumo e vida, as preocupacións necesarias para a mitigación dos efectos do cambio climático, o cumprimento dos marcos normativos e, en definitiva, unha situación de mercado cada vez máis esixente, tensa e volátil.

Para poder chegar á definición do PE2030, realizouse a través dunha metodoloxía marcada polos seguintes pasos:

Responsive Image

O PE2030 alíñase coas iniciativas gobernamentais existentes co principal obxectivo de ser coherente e maximizar os resultados ao ter unha estratexia común.

Responsive Image

Así mesmo, como consecuencia da análise PESTEL (aspectos políticos, económicos, sociais, tecnolóxicos, ambientais e legais), xorden retos e desafíos globais no ámbito estratéxico, operativo e de negocio, as que imos enfrontarnos durante a vindeira década, e logo diso identifícanse 1+10+1 desafíos primordiais:

Responsive Image
Desafíos 11 e 12

De forma adicional, co obxectivo de adaptar o transporte ferroviario á nova situación á que se enfronta a industria coa chegada da pandemia provocada pola COVID-19 e calquera outra emerxencia adicional, incorpórase dous novos desafíos. Incorporamos como desafío o xurdimento de posibles novos escenarios de pandemias e emerxencias diversas como os efectos provenientes do cambio climático, o cal esixe a xestión do risco para coas persoas e grupos de interese das nosas infraestruturas, así como a adaptación de Adif e Adif AV á chegada dos fondos de recuperación e resiliencia.

Responsive Image

As PERSOAS foron e serán a clave do éxito de ADIF e ADIF AV. Son as persoas quen actúan como motor do PE2030, as que accionan as pancas, usan as ferramentas das que dispoñen e consolidan os piares sobre os que se basea o modelo de negocio e posicionamento de ADIF e ADIF AV.

A arquitectura do PE2030 mantén por tanto o seguinte esquema de persoas, alicerces e pancas baixo as directrices e o aliñamento da Axenda 2030 do Goberno de España, o Plan España Pode, os obxectivos europeos para a Recuperación e Resiliencia de Europa e os ODS como principios reitores das Nacións Unidas. 

Responsive Image
Responsive Image
  • As persoas son quen fan posible o deseño, desenvolvemento, despregamento e cohesión de todas as pezas do PE2030.
  • As persoas cimentan os piares fundamentais e cruciais da organización: Seguridade, Servizo, Sostibilidade e Orientación a resultados.
  • As persoas accionan as pancas de Comunicación, Innovación e Transformación Dixital para facer posible o cambio.
  • As persoas teñen a Chave do Noso Futuro
  • As persoas son o motor e o corazón
  • O PE2030 é a chave do noso futuro