FEDER Xestión e Seguimento

Programa Operativo Plurrexional de España FEDER 2014-2020

A Subdirección Xeral de Xestión do FEDER do Ministerio de Facenda, como Autoridade de Xestión do FEDER en España, unha vez avaliada a Descrición das funcións e procedementos proporcionada polo Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) de acordo co ficheiro elaborado pola Autoridade de Xestión , axustándose en todo caso aos criterios establecidos no Anexo III do Regulamento de Execución (UE) No. 1011/2014, confiou ó ADIF as funcións incluídas no Acordo asinado polo Director Xeral de Fondos Comunitarios o 17 de abril de 2017 e aceptado polo Presidente do ADIF o 8 de maio de 2017.

O ADIF realizará as funcións de Organismo Intermedio para as accións de ADIF e ADIF Alta Velocidad baixo a responsabilidade da Autoridade de Xestión, no Programa Operativo Plurirrexional de España FEDER 2014-2020.

En 2018, ADIF aprobou 7 novas operacións de ADIF Alta Velocidad cun gasto neto subvencionable de 522,5 millóns de euros, ata acadar un gasto neto elixible seleccionado de 734,9 millóns de euros.

En 2018 certificouse un custo neto subvencionable de 347,3 millóns de euros, o que supón o 47,2 % do gasto total seleccionado. A execución acumulada é de 541,4 millóns de euros, o que representa o 73,7 % do importe seleccionado.

Este custo certificouse nas seguintes operacións: Granada Faseo 14-20, Santiago Vigo. Actuacións, Galicia 4, Granada F3, Extremadura Faseo

A Intervención Xeral da administración do Estado a través da súa Intervención Delegada en ADIF realizou dúas auditorías de operacións en 2018, LAV Antequera-Granada: Plataforma Fase III, subministracións, montaxe de vía, electrificación e instalación e LAV Valladolid - Burgos. Montaxe de vía, electrificación e instalacións de sinalización e control, cuxo resultado foi nos dous casos: "Opinión favorable".