Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia

Subtítulo sit amet consectetur adipiscing elit.

O Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia inclúese dentro do instrumento temporal NextGenerationEU aprobado polo Parlamento Europeo e o Consello para estimular a recuperación.

O Plan xira arredor de catro eixes principais:transición ecolóxica, transformación dixital, cohesión social e territorial e igualdade de xénero.Estes eixes orientan dez políticas panca que recollen trinta compoñentes que artellan os programas de investimento e Adif e Adif AV están implicados en dous:

- Compoñente 1 "Plan de choque de mobilidade sostible, segura e conectada en medios urbanos e metropolitanos". 
Investimentos en infraestruturas de Proximidades ferroviarias ("Actuacións de mellora da calidade e fiabilidade no servizo de Proximidades ferroviarias").
​​​​​​​
- Compoñente 6 "Mobilidade sostible, segura e conectada".
Investimentos en actuacións dirixidas á construción de novas infraestruturas ferroviarias nos Corredores Atlántico e Mediterráneo e á modernización e mellora das xa existentes ("Rede Transeuropea do transporte:Corredores europeos").
Investimentos en actuacións nas infraestruturas ferroviarias RTE-T non incluídas nos corredores da rede básica ("Rede transeuropea de transporte:Outras actuacións ").
Investimentos en actuacións para o desenvolvemento de terminais intermodais e loxísticas estratéxicas e accesos a portos ("Intermodalidade e loxística").