Operadores Ferroviarios

Subtítulo sit amet consectetur adipiscing elit.

Liberalización e operadores
A liberalización do sector ferroviario supuxo o acceso de distintos operadores á Rede Ferroviaria de Interese Xeral. O primeiro paso foi a súa disposición para o tráfico de mercadorías para, posteriormente, ampliarse a viaxeiros.
Axencia Estatal de Seguridade Ferroviaria (AESF)

Para o acceso á Rede Ferroviaria de Interese Xeral (RFIX), as compañías ferroviarias deben ter a correspondente licenza e certificado de seguridade, cuxa expedición corresponde á AESF.

A AESF actúa como autoridade responsable da seguridade ferroviaria , segundo o establecido na Lei 38/2015, do 19 de setembro, do sector ferroviario, que realiza a organización, inspección e supervisión da seguridade de todos os elementos do sistema ferroviario:as infraestruturas, o material rodante, o persoal ferroviario e a explotación ferroviaria.

Así mesmo, levará a cabo as funcións relacionadas coa interoperabilidade do sistema ferroviario de competencia estatal, correspondendo tamén o outorgamento, suspensión e revogación de licenzas ás empresas ferroviarias.

Resumo Liberalización do Sector Ferroviario

Mensualmente, o Resumo de Licenzas Empresas Ferroviarias e Cualificacións para Habilitación de Capacidade que recolle os Candidatos inscritos noRexistro ferroviario especial de:
  • Empresas ferroviarias con licenza.
  • Empresas ferroviarias con licenza doutro estado e certificado de seguridade emitido en España.
  • Empresas con habilitación específica para optar á aduxidicaión de formación
Tamén mostra os Indicadores de actividade para o tráfico ferroviario de mercadorías.

 Coa mesma periodicidade o Resumo de Autorizacións para a Conexión de Infraestruturas Ferroviarias de Propiedade Privada (cargas) á RFIG. que recolle as autorizacións de peiraos de carga concedidass