Licitación Electrónica

Portal do Licitador

Implementación do procedemento de licitación electrónica. Portal do licitador de Adif e Adif Alta Velocidade.

O procedemento de licitación electrónica quedará recollido expresamente e descrito no Prego de Cláusulas Administrativas do expediente de contratación, no Perfil do contratante de ambas as dúas entidades aloxados na Plataforma de Contratación do Sector Público, así como en todos os anuncios preceptivos. 
O Portal do Licitador de Adif / Adif AV permite:
    • a preparación e presentación de ofertas de forma telemática,
    • a custodia electrónica das mesmas polo sistema e
    • a apertura e avaliación electrónica da documentación polos membros do órgano de asistencia (Mesas de contratación / Comisións de Valoración).

    En consecuencia, os licitadores deberán asinar e presentar as súas ofertas a través do PORTAL DO LICITADOR DE ADIF/ADIF AV, de conformidade co establecido nas cláusulas administrativas do correspondente Prego que regule a licitación electrónica.

    Así mesmo, os licitadores disporán de toda a información necesaria sobre a súa identificación, alta e operacións acerca da presentación electrónica de ofertas recollida no documento "MANUAL DE USUARIO E ESPECIFICACIÓNS TÉCNICAS", accesibles no Perfil de contratante de Adif e Adif AV que reside na Plataforma de Contratación do Sector Público.

    É requisito imprescindible ser un usuario rexistrado do Portal do Licitador de Adif / Adif AV.

    O licitador estará obrigado a asinar a documentación mediante certificado recoñecido antes de presentar a oferta, garantindo así a identidade do asinante, a integridade da documentación, o non repudio por ambas as dúas partes e a confidencialidade.

    Para realizar a autenticación con certificado electrónico e sinatura de documentos, cómpre dispor do soporte lóxico Autofirma, aplicación de sinatura electrónica desenvolvida polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.(Podes descargar a Autofirma no PORTAL DE ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA) 

    As proposicións presentaranse no PORTAL DO LICITADOR DE ADIF / ADIF AV e, en todo caso, dentro do prazo e hora que se determine no correspondente anuncio, debendo formalizarse mediante sinatura electrónica recoñecida, garantindo así a identidade e integridade dos arquivos electrónicos dos documentos, da oferta e de todos os documentos asociados a ela.

    Título fragmento

    Rexistro e presentación de proposicións.
    Sinatura Electrónica.Ministerio de Facenda e Administracións Públicas
    Documentación dispoñible para o licitador
    A data e hora de subida da oferta ao Portal será determinada polo Rexistro Electrónico interno de que dispón o Portal, tendo en conta que, para presentar unha oferta, en primeiro lugar debe subirse ao servidor na súa totalidade, podendo posteriormente ser identificada mediante o citado xustificante emitido polo Rexistro Electrónico.
    Centro de Atención a Usuarios

    Os licitadores dispoñen dun servizo de soporte mediante un Centro de Atención a Usuarios para atender os posibles problemas técnicos que xurdan:

    O horario de soporte técnico para os licitadores será o seguinte (excepto festivos nacionais):

    • 9.00 a 18.00 horas, de luns a xoves.
    • 9.00 a 15.00 os venres.