Rede de Alta Velocidade

Alta Velocidade Española

Alta Velocidade Española
Os máis de vinte e cinco anos de Alta Velocidade permitiron a España desenvolver un dos ferrocarrís deste tipo máis modernos e avanzados do mundo.
 

A rede Adif Alta Velocidade acada os 3.726 km.

2.889,3 Km.

Alta Velocidade do Ancho Estándar

716,8 m.

Rede Convencional de Ancho Ibérico Puro

119,9 Km.

Rede Mixta (combinación de Ancho Estándar e Ancho Ibérico)

Cronoloxía e experiencia de Adif en Alta Velocidade

CRONOLOXÍA E EXPERIENCIA DE ADIF EN ALTA VELOCIDADE

A posta en servizo da primeira liña de alta velocidade Madrid-Sevilla en abril de 1992 supuxo a conexión das provincias de Madrid, Cidade Real, Córdoba e Sevilla que daquela aglutinaban a unha poboación de 7.838.000 habitantes, distribuídas da seguinte forma: Madrid, 4.973.100; Cidade Real, 475.620; Córdoba, 756.570, e Sevilla 1.632.710, o que, sobre o total da poboación española daquel ano (39.003.500) representaba algo máis do 20%.

Vinte e cinco anos despois, das catro primeiras provincias que dispoñían de servizos de alta velocidade pasouse a un total de 28 provincias que dispoñen dunha ou máis conexións aos servizos de alta velocidade no seu ámbito xeográfico.

Deste xeito, as 47 estacións conectadas coa rede de altas prestacións e polas que pasan trens de alta velocidade permiten que preto de dous terzos (aproximadamente o 68 %) da poboación española se beneficie dunha rede que incrementou o número de posibles beneficiarios ao redor do 400%, chegando aos 31.400.000.

Liñas de Alta Velocidade en construción

A rede española de alta velocidade segue a medrar co obxectivo de achegar as súas vantaxes ao maior número posible de cidadáns. Adif Alta Velocidade está a traballar actualmente na construción de novas infraestruturas.

Protección do medio natural e do patrimonio cultural

Unha das máximas prioridades de Adif Alta Velocidade na construción de novas infraestruturas é o respecto ao medio no que se desenvolven os traballos, minimizando as afeccións e facilitando a súa posterior integración no medio.Mostra disto é a importante aposta que supuxo a aprobación, en 2006, do Plan Estratéxico de Calidade e Medio Natural por parte de Adif.Neste documento, a vixilancia e a sustentabilidade ambiental configúranse como principios básicos para conformar as políticas orientadas á protección do medio natural e o patrimonio histórico.

A capacitación técnica e tecnolóxica española

España destaca a nivel mundial en deseños e proxectos ferroviarios de alta velocidade; nos sistemas de comunicación e sinalización; na capacidade de construír e manter infraestruturas eficientes e interoperables a prezos competitivos, e en proporcionar sistemas patentados de xestión de tráfico que garanten unha maior seguridade e eficiencia.

O sector ferroviario español está á vangarda tecnolóxica grazas ao desenvolvemento da interoperabilidade e á integración das mellores tecnoloxías ferroviarias (algunhas de desenvolvemento propio). Destaca tamén na xestión de grandes proxectos, garantindo calidade, prezo e prazos.

Conexión con Europa:A interoperabilidade e o ERTMS

España está á vangarda no desenvolvemento e investigación en ERTMS.

O ERTMS (Sistema Europeo de Xestión do Tráfico, polas súas siglas en inglés) é un sistema de mando e control de trens pensado para conseguir que a sinalización e as comunicacións entre a infraestrutura da vía e os equipos de a bordo sexan compatibles en toda Europa, avanzando así cara á interoperabilidade das circulacións ferroviarias entre os países da Unión.