Liña Madrid - Toledo
Terceira liña de alta velocidade
Terceira liña de alta velocidade
O 15 de novembro de 2005 inaugurouse a liña de Alta Velocidade Madrid-Toledo, a terceira destas características que entrou en funcionamento en España, despois das de Madrid -Sevilla e Madrid-Lleida.
75 km en 33 minutos.
O percorrido entre Madrid e Toledo realízase pola liña de alta velocidade Madrid - Sevilla, ata o Km 54 no concello de La Sagra.
Financiamento Europeo
Esta liña contou con axuda e financiamento recibidos por Adif AV procedentes dos distintos fondos e programas da Unión Europea (UE).
"Un xeito de facer Europa”
Evolución
Notas de prensa relacionadas
Estruturas destacadas
Un espectacular viaduto de 1.602 m de lonxitude, que cruza o río Texo e o arroio de Valdecaba, dá inicio ao segundo subtramo (Mocejón - Toledo).
Outra estrutura destacada é a Pérgola sobre a liña de alta velocidade Madrid - Sevilla, que ten por obxecto dar paso á vía esquerda do novo acceso a Toledo para reunirse coa vía dereita, continuando ambas as dúas coa súa propia plataforma.
Estación de Toledo
Declarada Ben de Interese Cultural coa categoría de Monumento, a estación de Toledo foi proxectada polo arquitecto Narciso Clavería en estilo neomudéxar, inaugurándose en 1919. A súa rehabilitación é un dos aspectos máis singulares das actuacións que se levaron a cabo para o desenvolvemento do enlace de alta velocidade entre Madrid e Toledo.
Novas prestacións
Para a súa reforma, considerouse a adaptación de todo o recinto e dos seus distintos elementos ás necesidades e prestacións que debe ter unha estación comercial dunha liña de alta velocidade. Os clientes disporán, entre outros servizos, dun aparcadoiro ao aire libre, asfaltado e iluminado que se estenderá sobre unha superficie de 7.500 metros cadrados e capacidade para 325 prazas.