Liña Madrid - Valladolid
Primeiro tramo de alta velocidade cara ao norte e noroeste de España.
Esta liña, posta en servizo o 22 de decembro de 2007, constitúe o elemento fundamental para o desenvolvemento ferroviario do Norte e Noroeste de España.
A redución de tempos de viaxe e distancias por ferrocarril benefician a unha ampla zona que representa máis do 30% dos índices nacionais de poboación e superficie.
É o primeiro tramo que entrou en funcionamento dos corredores norte e noroeste de alta velocidade. Por esta infraestrutura circulan servizos ferroviarios entre Madrid e as comunidades autónomas de Castela e León, Galicia, Asturias, Cantabria e o País Vasco.
Financiamento Europeo
"Un xeito de facer Europa"
.

Trazado
Este túnel remata no termo municipal de Soto del Real, onde o trazado toma dirección noroeste para chegar ao macizo montañoso da Serra de Guadarrama, que é salvado mediante o túnel do mesmo nome.O trazado continúa ata a zona sur da cidade de Segovia, onde se atopa a estación Segovia-Guiomar.
Na variante de Olmedo está a primeira gran bifurcación da liña, con destino a Medina del Campo, onde conectará con Salamanca e a fronteira portuguesa. De ahí parte tamén a liña que, a través de Zamora, se dirixirá a Galicia.
Tras a variante de Olmedo, o trazado continúa cara ao norte ata a cidade de Valladolid.
Actuacións ambientais
Unha das principais preocupacións de Adif é o respecto ao medio. Por este motivo, destina o 6,7% do orzamento da construción de liñas de alta velocidade a garantir a súa integración ambiental, asegurando o cumprimento das Declaracións de Impacto Ambiental e realizando melloras no entorno de xeito voluntario.
As obras de construción da LAV cumpriron os requisitos da Declaración de Impacto Ambiental e da Rede Natura 2000, mantendo contactos permanentes coa Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Castela e León e coa Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO).
No caso da LAV Madrid-Segovia-Valladolid, as actuacións ambientais centráronse na instalación de:
- Lombos de terra entre sucos para que as aves esteparias levanten o voo (avetardas)
- Método construtivo ideado e levado a cabo para levantar os arcos centrais do Viaduto Arroyo del Valle
- Tratamentos de integración paisaxística: hidrosementeiras, plantacións e mantas orgánicas de coco.
- Aumentou considerablemente o número de árbores (carballos albariños, freixos, o piñeiro albar...) e arbustos (xestas, abruñeiros ...)
- Marcos nas embocaduras das obras de drenaxe
- Ramplas e portelas de escape de fauna
- Integración de viadutos (punto de paso de fauna)
- Pasos superiores de fauna protexidos con terra vexetal, valos de caínzo ou madeira
- Zonas de refuxio e cría de coellos.
- Tanto para aumentar a súa poboación como para protexer a aguia imperial ibérica, cuxo alimento principal é o coello de monte
Ademais de 5 falsos túneles