Información Xeral
Subtítulo sit amet consectetur adipiscing elit.
Adif Alta Velocidade asume, entre outras, as competencias en materia de construción e administración de parte das infraestruturas ferroviarias de alta velocidade, así como outras infraestruturas e funcións que se lle transfiren, os negocios das estacións de alta velocidade ou as actividades de telecomunicacións e de enerxía.
A súa creación responde, entre outros, aos criterios de afondar na racionalización do sector ferroviario no ámbito de competencia estatal, lograr a máxima eficiencia dos servizos nun escenario de progresiva liberalización e acadar a estabilidade orzamentaria. Deste xeito, cúmprense as modificacións operadas polo Sistema Europeo de Contas (SEC 2010) e os novos criterios contables establecidos neste sistema.
- Información de la estación
- Salidas y llegadas
- Servicios de la estación
- Áreas comerciales
- Geolocalización
Infraestruturas de Alta Velocidade
Ao labor de mantemento das nosas infraestruturas súmase a construción de novas liñas de alta velocidade, ás que contribuíron, de xeito significativo, tanto os fondos comunitarios, a través das axudas procedentes dos Fondos de Cohesión, Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e axudas RTE-T (Redes Transeuropeas de Transporte), como os préstamos do BEI; que responden aos máis altos estándares de calidade requiridos.
A unión ferroviaria dos distintos territorios esixe a construción de grandes obras de enxeñaría (viadutos, túneles, etc.) que Adif Alta Velocidade acomete co obxectivo posto na rendibilidade económica e social do investimento.
Adif Alta Velocidade ten adscritas como activos as estacións de viaxeiros que están conectadas polas liñas de altas prestacións que xestiona, tendo encomendada a Adif a súa xestión.
Programas de actuación
Programa de regulación, control e supervisión
As iniciativas de investimento en novos desenvolvementos e capacidades que inclúe o PITVI teñen por obxecto, fundamentalmente, completar os grandes eixes organizativos e os itinerarios da rede, o reforzo das conexións intermodais e a dotación de determinadas infraestruturas estratéxicas, como as conexións transfronteirizas.
Neste ámbito da planificación, nos investimentos terase presente un enfoque intermodal e incorporaranse tamén, coa finalidade de priorizar e racionalizar os investimentos, mecanismos de análise custo-beneficio e previsións de rendibilidade económica, financeira e social.
PITVI 2012-2024
