Información relativa á actividade contractual

Subtítulo sit amet consectetur adipiscing elit.

Licitacións

No presente apartado poderá consultar as licitacións en curso. Esta información mantense dispoñible ata a adxudicación do contrato. Co fin de mellorar a calidade desta información, as Licitacións considéranse en dous estados: Licitacións en curso (con prazo de presentación de ofertas non vencido) e Licitacións en Avaliación (é dicir, pendentes de adxudicar).
 

Adxudicacións

No presente apartado poderá consultar as adxudicacións aprobadas. A información actualízase diariamente e mantense activa durante os quince meses seguintes á data da súa aprobación.
 

Contratos formalizados no exercicio

No presente apartado poderá consultar a relación dos contratos formalizados no exercicio en curso. Esta información actualízase mensualmente. Ademais, finalizado o exercicio, a devandita información permanece dispoñible durante o exercicio seguinte.

Actuacións de Emerxencia

No presente apartado poderá consultar a relación de Declaracións de Emerxencia. Esta información actualízase mensualmente. Ademais, finalizado o exercicio, a devandita información permanece dispoñible durante o exercicio seguinte.

Contratos menores

Contratos de servizos e subministracións de valor estimado inferior a 15.000 € e contratos de obras de valor estimado inferior a 40.000 €.

No presente apartado poderá consultar a relación dos contratos menores aprobados pola Entidade durante o exercicio en curso. Esta información actualízase trimestralmente. Ademais, finalizado o exercicio, a devandita información mantense dispoñible durante os quince meses seguintes á súa aprobación.

Modificacións e prórrogas de contratos

No presente apartado poderá consultar a relación das modificacións e prórrogas de contratos aprobadas.Inclúe toda a información relativa ao exercicio en curso, que se actualiza mensualmente. Ademais, finalizado o exercicio, a devandita información permanece dispoñible durante o exercicio seguinte.

Desistencias, renuncias e resolucións de contratos

No presente apartado poderá consultar a relación de desistencias, renuncias e resolucións de contratos.Inclúe toda a información relativa ao exercicio en curso, que se actualiza mensualmente. Ademais, finalizado o exercicio, a devandita información permanece dispoñible durante o exercicio seguinte.

Información estatística relativa á actividade contractual da Entidade

Mensualmente poderá consultar un Informe estatístico actualizado dos contratos formalizados no exercicio en curso, con indicación do importe contratado e da porcentaxe por cada un dos procedementos de contratación.