Eixe Atlántico

Galicia de Norte a Sur

Título

O Eixe Atlántico discorre de norte a sur polo litoral atlántico galego entre Ferrol e a fronteira portuguesa ao longo de 241 quilómetros, comunicando cinco das sete maiores cidades galegas. Esta infraestrutura está comunicada coa nova conexión Madrid - Galicia á altura de Santiago de Compostela.

Todo o trazado do Eixe Atlántico entre Vigo e A Coruña, cunha lonxitude total de 155,6 km, está xa en servizo comercial, o que reverte en importantes aforros nos tempos de viaxe en todas as relacións, ao tempo que aumenta o confort ao establecerse unhas condicións óptimas de rodaxe e trazado.

A distancia entre Vigo e A Coruña recortouse en 21,8 km. En decembro de 2009 entrou en servizo o traxecto para trens de tracción diésel entre Santiago e A Coruña (61,7 km). Posteriormente, este tramo electrificouse e quedou conectado e integrado, en decembro de 2011, coa nova relación Ourense – Santiago – A Coruña.

Financiamento Europeo

Esta liña contou con axudas e financiamento recibidos por Adif AV procedentes dos distintos fondos e programas da Unión Europea (UE).

"Un xeito de facer Europa"
​​​​​​​

Estacións

Estación de Vigo Urzáiz
O novo acceso ferroviario norte a Vigo evita o paso en superficie pola zona urbana e ten a súa saída na nova estación de Vigo-Urzáiz, situada no mesmo lugar que a anterior, pero a unha cota 15 metros máis baixa.
A estación, que ten unha superficie de 1.330 m2, alberga os servizos necesarios para o viaxeiro, cafetería e locais comerciais, e o acceso á pasarela de embarque e plataformas definitivas.

En todo o Eixe combínanse estacións reformadas con outras de nova construción:

  • A Coruña - Reformada
  • Uxes -Reformada
  • Cerceda-Meirama - Nova construción
  • Ordes - Nova construción
  • Santiago de Compostela - Reformada
  • Padrón-Barbanza - Nova construción
  • Vilagarcía de Arousa - Reformada
  • Pontevedra - Reformada
  • Arcade Apeadoiro: reformado
  • Redondela Alta Velocidade - Nova construción
  • Vigo-Urzáiz - Nova construción

Infraestruturas

Servizo de calidade

O trazado antigo da liña convencional, en vía única sen electrificar, non permitía velocidades elevadas. O proxecto consistiu en realizar unha mellora integral da liña previamente existente e implantar unha dobre vía electrificada.

Como singularidade, en primeiro lugar construíuse a plataforma sen electrificar e en ancho ibérico (1.668 mm), con travesas polivalentes. Este tipo de ancho permite, por exemplo, o acceso dos trens de mercadorías aos portos galegos.

Os diferentes tramos puxéronse en servizo a medida que foron rematando as obras e foron recorridos por trens diésel a 160 km/h.Con posterioridade, produciuse a electrificación, pasando entón a velocidade máxima posible de 160 km/h a 250 km/h.

A última fase prevista será a adaptación de todo o Eixe ao ancho UIC (1.435 mm).

Título

O Eixe Atlántico constrúese nunha contorna de gran dificultade orográfica e zonas densamente poboadas. 

Así, o tramo A Coruña-Vigo conta con 37 túneles, que suman unha lonxitude global de 59,2 km, un 38 % do percorrido total. No tramo Vigo-Santiago hai outros 24 túneles, cunha lonxitude total de 39,7 km (o 33% do total).

Así mesmo, a liña ten 32 viadutos que suman unha lonxitude de 14,9 km (9,5% da lonxitude total). O tramo Vigo-Santiago conta con 24 viadutos, con 12,2 km de lonxitude (un 13 % do total). O máis longo é o do Sar (2.4111 m), pero seguramente o máis emblemático é o do Ulla (1.620 m), que ostenta un récord mundial de luz (anchura entre piares) para pontes ferroviarias metálicas, cos seus 240 m., superando os 208 m da ponte de Nautenbach (Alemaña).

Este viaduto, de 1.621,5 metros, salva o río Ulla preto da súa desembocadura.Ten 11 piares que sustentan a estrutura metálica, situada a 60 metros de altura sobre o leito fluvial. A complexidade da estrutura metálica do taboleiro, con máis de 20.000 toneladas de aceiro e pezas de ata 17,5 m de canto, requiriron o desenvolvemento dun sistema de control de execución pioneiro ata entón en España. Este viaduto foi galardoado co premio "San Telmo 2015" e como finalista do premio Outstanding Structure Award 2016, outorgado pola Association for Bridge and Structural Engineering (IABSE).

Características da infraestrutura
241
Km
de lonxitude
32
Viadutos
Lonxitude total de 14,9 km
37
Túneles
Lonxitude total de 59,2 km
11
Estacións
Os principais son: A Coruña, Santiago de Compostela, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra e Vigo-Urzáiz