Rede de Alta Velocidade
Alta Velocidade Española
Cronoloxía e experiencia de Adif en Alta Velocidade
Cronoloxía e experiencia de Adif en Alta Velocidade
CRONOLOXÍA E EXPERIENCIA DE ADIF EN ALTA VELOCIDADE
A posta en servizo da primeira liña de alta velocidade Madrid-Sevilla en abril de 1992 supuxo a conexión das provincias de Madrid, Cidade Real, Córdoba e Sevilla que daquela aglutinaban a unha poboación de 7.838.000 habitantes, distribuídas da seguinte forma: Madrid, 4.973.100; Cidade Real, 475.620; Córdoba, 756.570, e Sevilla 1.632.710, o que, sobre o total da poboación española daquel ano (39.003.500) representaba algo máis do 20%.
Vinte e cinco anos despois, das catro primeiras provincias que dispoñían de servizos de alta velocidade pasouse a un total de 28 provincias que dispoñen dunha ou máis conexións aos servizos de alta velocidade no seu ámbito xeográfico.
Deste xeito, as 47 estacións conectadas coa rede de altas prestacións e polas que pasan trens de alta velocidade permiten que preto de dous terzos (aproximadamente o 68 %) da poboación española se beneficie dunha rede que incrementou o número de posibles beneficiarios ao redor do 400%, chegando aos 31.400.000.
Liñas de Alta Velocidade en construción
Protección do medio natural e do patrimonio cultural
Unha das máximas prioridades de Adif Alta Velocidade na construción de novas infraestruturas é o respecto ao medio no que se desenvolven os traballos, minimizando as afeccións e facilitando a súa posterior integración no medio.Mostra disto é a importante aposta que supuxo a aprobación, en 2006, do Plan Estratéxico de Calidade e Medio Natural por parte de Adif.Neste documento, a vixilancia e a sustentabilidade ambiental configúranse como principios básicos para conformar as políticas orientadas á protección do medio natural e o patrimonio histórico.
A capacitación técnica e tecnolóxica española
España destaca a nivel mundial en deseños e proxectos ferroviarios de alta velocidade; nos sistemas de comunicación e sinalización; na capacidade de construír e manter infraestruturas eficientes e interoperables a prezos competitivos, e en proporcionar sistemas patentados de xestión de tráfico que garanten unha maior seguridade e eficiencia.
O sector ferroviario español está á vangarda tecnolóxica grazas ao desenvolvemento da interoperabilidade e á integración das mellores tecnoloxías ferroviarias (algunhas de desenvolvemento propio). Destaca tamén na xestión de grandes proxectos, garantindo calidade, prezo e prazos.
Conexión con Europa:A interoperabilidade e o ERTMS
España está á vangarda no desenvolvemento e investigación en ERTMS.
O ERTMS (Sistema Europeo de Xestión do Tráfico, polas súas siglas en inglés) é un sistema de mando e control de trens pensado para conseguir que a sinalización e as comunicacións entre a infraestrutura da vía e os equipos de a bordo sexan compatibles en toda Europa, avanzando así cara á interoperabilidade das circulacións ferroviarias entre os países da Unión.