Liña Madrid-Galicia

O camiño Galicia, cada vez máis preto

Título

A liña de alta velocidade Madrid - Galicia, encadrada no Corredor Norte/Noroeste, situará a Galicia no mapa da alta velocidade española.

Os trazados ferroviarios galegos sempre estiveron condicionados por un accidentado relevo que dificultou as comunicacións ferroviarias co centro peninsular. De feito, a primeira liña directa entre Madrid e Galicia, por Zamora e Ourense, non se logrou ata 1958.

Dous novos momentos históricos produciranse no ferrocarril galego. O primeiro corresponde a finais de 2011, logo da entrada en servizo do tramo entre Ourense, Santiago e A Coruña, que está en obras desde xuño de 2005. A segunda terá lugar cando se faga efectiva a conexión coa meseta.

Financiamento Europeo

Esta liña contou con axudas e financiamento recibidos por Adif AV procedentes dos distintos fondos e programas da Unión Europea (UE).

"Un xeito de facer Europa"
 

Situación actual

O 10 de decembro de 2011, tras finalizar todos os traballos de infraestruturas entre Ourense e Santiago e unha vez concluídos os traballos de electrificación e mellora integral da liña entre Santiago e A Coruña, entrou en servizo a liña Ourense-Santiago-A Coruña, de 150 quilómetros de lonxitude. Na súa construción investíronse máis de 3.300 millóns de euros.
 
O 26 de outubro de 2020 púxose en servizo o tramo Zamora-Pedralba da Pradería. Esta infraestrutura, de 110 km, permite reducir de xeito significativo os tempos de viaxe entre Madrid e Galicia, contribuíndo ao artellamento social e económico dos territorios que atravesa. O tramo conclúe no cambiador de medidores de Pedralba, que permite a continuidade das conexións ferroviarias Madrid-Galicia por vía convencional ata que proximamente se poña en servizo o novo segmento Pedralba-Ourense.

Vantaxes

Título

A nova relación ferroviaria posibilita unha mellora significativa en velocidade, fiabilidade, confort e tempos de viaxe.

A nova liña Madrid - Galicia constrúese en plataforma para vía dobre electrificada, con parámetros de alta velocidade, e está deseñada para velocidades máximas de 350 km/h. A chegada da alta velocidade supón ademais, para as estacións do seu percorrido, obras de adaptación e modernización de instalacións, así como unha mellora do urbanismo das cidades.

As melloras de tempo serán progresivas, ata acadar un tempo de viaxe entre Santiago e Madrid arredor das 3 horas.

É unha clara aposta polo ferrocarril como medio de transporte que favorece a cohesión social e a dinamización económica.

Descrición do trazado

Título

O acceso a Galicia arranca na bifurcación da Liña Madrid-Valladolid en Olmedo e remata en Santiago de Compostela, onde enlaza co Eixo Atlántico galego.

É un trazado de 434,86 km de lonxitude onde se implantará sinalización ERTMS e ASFA.A liña está deseñada para permitir unha velocidade máxima de 350 km/h.

Previous Next
LAV Madrid-Galicia en cifras
420
Km
de lonxitude
38
Viadutos
Lonxitude total de 20,4 Kms
31
Túneles
Lonxitude total de 29,3 Kms.
O de maior lonxitude ten 8.574 metros
8
Estacións
de viaxeiros: Madrid Chamartín, Segovia, Valladolid, Medina del Campo, Zamora, Ourense, Santiago e A Coruña