Liña Madrid - Barcelona - Fronteira Francesa
Madrid, Guadalaxara, Calatayud, Zaragoza, Lleida, Tarragona, Barcelona, Xirona e Figueres
Madrid, Guadalaxara, Calatayud, Zaragoza, Lleida, Tarragona, Barcelona, Xirona e Figueres
A Liña de Alta Velocidade Madrid - Barcelona - Fronteira Francesa, de 804 quilómetros de lonxitude total, é un dos principais eixes de comunicación de España con Europa.
En 2008 a liña conectou as cidades de Madrid e Barcelona. O tramo Figueres - Perpiñán púxose en servizo en decembro de 2010. En xaneiro de 2013 completouse a liña coa posta en servizo do tramo entre Barcelona e Figueres. Tras os seus primeiros cinco anos de funcionamento, entre 2008 e 2013, os servizos de Renfe Madrid-Zaragoza-Barcelona rexistraron un total de 27,2 millóns de clientes. Destes, preto de 16 millóns corresponden a relacións que enlazan Cataluña con Madrid.
Financiamento Europeo
Esta liña contou con axudas e financiamento recibidos por Adif AV procedentes dos distintos fondos e programas da Unión Europea (UE).
" Un xeito de facer Europa "

Situación actual
Situación actual
Vantaxes da liña
Esta liña de alta velocidade favorece o transporte de viaxeiros entre a Península Ibérica e o resto de Europa e posibilita que as capitais catalás queden unidas por un dos sistemas de transporte con maiores prestacións do contexto internacional e enlazadas tanto con Madrid, Zaragoza e outras cidades españolas como con Francia (desde decembro de 2013), unha vez posta en funcionamento a conexión directa de alta velocidade para pasaxeiros entre Barcelona e París.
Esta infraestrutura une todo o territorio e permite impulsar o crecemento económico do noso país.
Comunica as dúas áreas urbanas máis densamente poboadas de España, Madrid e Barcelona, así como as cidades de Guadalaxara, Calatayud, Zaragoza, Lleida, Tarragona, Xirona e Figueres, e as súas respectivas áreas de influencia.
Os beneficios amplíanse a outras cidades ao conectar:
- En Madrid cos corredores Norte-Noroeste (LAV Valladolid), corredor Levante (LAV Valencia) e corredor Sur (LAV Sevilla e Málaga). Logo da inauguración completa da liña púxose en servizo un corredor de máis de 1.200 km de lonxitude, de Figueres a Málaga, que permite unir o extremo nordeste e o extremo sur da península.
- En Zaragoza coa liña de alta velocidade e ancho internacional Zaragoza-Huesca
- En Tarragona co Corredor Mediterráneo.
- Ademais, grazas ás instalacións de cambio de ancho en Plasencia de Jalón, as vantaxes esténdense á Rioxa e a Navarra.
Outra característica exclusiva desta liña é o seu deseño para o tráfico mixto de viaxeiros e mercadorías (entre o Porto de Barcelona e a conexión con Francia), o que supón a posibilidade de establecer novos servizos con destino ou procedencia en centros intermodais de Francia e outros países europeos.
Ademais, esta moderna infraestrutura ofrece unha serie de beneficios como: facilitar a mobilidade dos cidadáns ao reducir os tempos de viaxe, ofrecer elevados estándares de seguridade, calidade, confort, fiabilidade e sostibilidade socioeconómica e ambiental a partir da plena integración na contorna.
Sistemas de seguridade
- Sistema de Protección do tren que supervisa a marcha segura do mesmo de acordo coa información que recibe dos encravamentos e coas condicións propias do trazado da liña. (Sistema ERTMS/ETCS nos seus niveis 1 e 2 e ASFA)
- Rede de telecomunicacións de gran capacidade en fibra óptica multiservizo aberta e que dá soporte ao resto de sistemas.
- Sistema de supervisión e vixilancia: detección de caídas de obxectos, caixas quentes, estacións meteorolóxicas, videovixilancia, detección de intrusión, etc.
- Sistema de Regulación Central que ten como obxectivo a optimización do funcionamento global da liña.